Preguntas máis comúns sobre eTIqueTAL

Quen fai eTIqueTAL?
eTIqueTAL é un proxecto da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que ven xuntando galegos en Internet desde hai moitos anos. Foi posto en marcha grazas ao apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Gústame a idea de eTIqueTAL e xa estou rexistrado/a. De que outra forma podo axudar?
A mellor forma de axudares a este proxecto é espallando o seu coñecimento na Rede. Cantas máis persoas participen será máis divertido e poderemos atopar todos máis xente afín. Evos o típico servizo que requere un certo número de usuarios para comezar o denominado efecto bola de neve.

Se programas en PHP ou fas deseño gráfico tamén podes contribuir tecnicamente.

E dáresnos ideas para mellorar o web tamén é moi interesante! Usa a ligazón que di Contacto no menú da dereita para todas estas achegas.
De onde sae a nube de temas de que falan os usuarios?
Polo de agora só se extraen dos asuntos das mensaxes, non dos contidos das mesmas. Pero é posible que no futuro tamén saquemos as palabras máis usadas neses contidos.
Que idiomas se poden usar en eTIqueTAL?
Dado que este proxecto foi creado para potenciar o emprego do galego pola mocidade, o idioma das páxinas é o galego, e solicitamos aos usuarios que sexa ese o idioma no que poñan as súas frases, as súas etiquetas, as súas mensaxes... Loxicamente haberá nomes propios e cousas noutros idiomas, principalmente nas etiquetas, pero pedimos aos usuarios que sempre empreguen o galego para se comunicaren entre eles. Se é preciso procederemos a filtrar contidos que non estean en galego das nubes de etiquetas.
Teño problemas para usar eTIqueTAL co Internet Explorer. Que podo facer?
Desde Fillos de Galicia e RedeGalega apostamos todo o que podemos polo software libre e recomendámosche un navegador moito máis seguro, eficiente e co que vas poder usar todos os nosos webs moito mellor: o Mozilla Firefox. De todos xeitos, facemos todo o posible para que se poida utilizar o web co maior número posible de navegadores, facendo un deseño axeitado aos estándares do W3C. En caso de teimares en usar o Internet Explorer de Microsoft, é preciso que uses unha versión 7 ou superior. As anteriores teñen problemas de seguridade e visualizan moi mal as páxinas.
Que criterio seguen os avatares para se ordear na capa ou na sección Nubes?
Para iso seguimos un algoritmo de ordeación que vai evoluíndo co tempo. Sempre pon primeiro a aqueles usuarios que están conectados e como segundo factor tiña ao principio en conta o número de conexións efetuadas (a asiduidade do usuario) e despois o seu ID (os recén chegados antes que os máis veteráns). A partir da versión 2.6 o algoritmo de ordeación dos non conectados é o seguinte: de maior a menor puntuación segundo unha fórmula que suma, unha vez ao día:
  • 0,5 tiques por cada vez que se conectou o/a usuario/a
  • tiques de benvida = 1800 para o que se rexistra hoxe, perdendo de 10 en 10 cada día que pasa ata 0 tiques para os que levan máis de 30 días rexistrados
  • 2 tiques por cada mensaxe recibida
  • 0,5 tiques por cada visita recibida
  • 3 tiques por cada invitación a parolar recibida (novidade na versión 2.4)
  • tiques que premian a actividade recente enviando mensaxes = 300 para o que enviara a última hoxe, perdendo de 10 en 10 cada día que pasa ata 0 tiques para os que haxa máis de 30 días que enviaran a última.
Os tiques de cada usuario/a recalcúlanse a cotío, minutos antes da medianoite.
Non sei como facer para poñerme a miña foto!
É moi sinxelo, só tes que seguir estes pasos:
  1. entras co teu nome e contrasinal
  2. irás directamente ao teu perfil, onde pos as estiquetas, a túa frase, etc.
  3. aí verás un cadrado amarelo cun interrogante: ese é o teu avatar por defeuto.
  4. debaixo del hai un botón que di browse, aí daslle e é como cando che sae para escoller calquera arquivo do teu ordenador noutras aplicacións.
  5. buscas unha foto aí navegando polas carpetas do teu disco duro e colles a que queiras enviar.
  6. daslle ao botón de enviares... e xa está. É posible que teñas que recargar a páxina ou saír e entrar de novo para vela.
.
Como fago para modificar as miñas etiquetas?
Debes borralas (mediante a icona coa X vermella a carón delas) e volver a introducilas.
Quero darme de baixa como usuario/a. Como hei de facer?
Abonda con que nos escribas unha mensaxe solicitándoo desde o mesmo e-mail que usaches para te rexistrar e indicándonos o nome de usuario/a.
De onde sacastes o nome dos Carrouchos? Que quere dicir?
É un apelativo agarimoso para os rapaces pequenos. Segundo o Dicionario Estraviz, unha das acepcións desta palabra en galego é: Pessoa, animal ou planta sem desenvolver. .
Troquei o meu avatar por outro pero seguen saíndo os vellos nalgunhas páxinas, en pequeno? Por que?
É debido a erros previos á versión beta.29 cando non funcionaba ben a creación de miniaturas. Para o amañar abonda con que volvas subir o avatar de novo.
Vexo nalgunhas páxinas un medidor de afinidade: que é e como se calcula?
É unha medida da coincidencia de etiquetas entre ti e outro/a usuario/a. Calcúlase polo de agora en base á fórmula seguinte: nº de etiquetas coincidentes x 2 / suma das etiquetas dos 2 usuarios.
Que é ese icono que di FOAF debaixo das fotos da xente? Por que cando premo nel só sae un nome?
FOAF significa Friend Of A Friend e é un estándar da web semántica para autodescribirse a un/ha mesmo/a e as nosas relacións con outras persoas, con cousas que nos gustan, etc. De momento a ligazón ofrece información básica e non divulga datos sensibles como os emails. Porén, cada un/ha dos usuarios pode usar esa ligazón para poñela nos seus webs ou para apuntar aos seus amigos. Iremos avanzando nas posibilidades que ofrece este tipo de XML en futuras versións do ETIqueTAL.
Que é o usuario etiqueteiro e cal é a súa función?
É o webmaster deste conto e a el podedes acudir con consultas ou petición de axuda en calquera momento.
Quen pode participar no blog do eTIqueTAL?
Pode participar calquera usuario/a rexistrado no mesmo, pero debe solicitalo primeiro enviando unha mensaxe ao etiqueteiro expresando o seu desexo de participar nel para opianr e comentar. Tamén pode enviar o enderezo do seu blog persoal para que se engada ao blogroll do noso blog.
Como podo ver os tiques que teño eu?
Non tes máis ca ir a ver os teus datos na sección Ti e consultar na columna esquerda Os meus números.
Na caixiña que sae arriba á dereita vexo que alguén me visitou hai pouco. Como podo ver a ese/a usuario/a?
Tes que ir ao teu listado de visitas feitas e recibidas ordeadas por data e será a que estea máis arriba.
Como fago para pechar a sesión (desconectarme)?
Pois a desconexión é automática cada certo tempo se non detecta actividade o sistema, pero un truco doado é ir á páxina de entrada, que mata a sesión actual e así forzas a túa desconexión.