A Delegación do Goberno prohibiu a manifestación que se ía celebrar mañá, 29 de abril en Melide, convocada pola Plataforma contra as Fumigacións e en contra dos tratamentos aéreos con flufenoxuron para combater a praga do gorgullo do eucalipto. O argumento para prohibir esta protesta foi que a manifestación non se solicitou coa antelación de dez días a que obriga a lei para calquera acto desta índole que non se considere urxente.
Nembargante, para a Plataforma contra as Fumigacións, a urxencia estaba e está máis que xustificada, xa que as fumigacións con flufenoxuron —un pesticida que será prohibido o 1 de agosto pola súa alta toxicidade— son inminentes e está en perigo todo o sector apícola galego, a saúde pública e o medio ambiente.
A Plataforma contra as Fumigacións acata a prohibición e non celebrará a manifestación. Así e todo, membros da Plataforma desprazaranse a título individual até Melide mañá, domingo 29 de abril, para informar de ti a ti á cidadanía melidense, e á xente doutras localidades que se acheguen para participar na Foliada e no mercado feiral, sobre o perigo inminente destas fumigacións.
Grazas, Sermos Galiza 🙂 http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/activistas-de-fumigacions-non-alertan-en-melide-do-perigo-inminente-de-intoxicacion/20120429222148000654.html
Pingback: Fumigaciones irresponsables y políticos incompetentes al servicio de intereses económicos criminales
Está claro que el derecho constitucional a la libre reunión y manifestación pública pacífica, cada vez vale para menos. Va a haber que recuperarlo de algún modo…
Pingback: MundoGaliza – As abellas en perigo de extinción se a Xunta autoriza as fumigacións
Pingback: A Xunta contradí a propia etiqueta do pesticida e a normativa europea e afirma que «non é tóxico» | Plataforma contra as Fumigacións