A Xunta tenta silenciar o clamor popular de protesta polas fumigacións borrando centos de mensaxes recibidas na súa páxina de Facebook

Como resultado da nova ciberacción de protesta posta en marcha coa colaboración de Actuable, o muro de Facebook oficial da Xunta de Galicia comezou encherse onte pola tarde de mensaxes de protesta chegados desde Galiza, España, e outros países incluídos moitos da nosa diáspora.

Portada que difunde a ciberacción en Facebook

Esta tarde, case 24 h despois, os administradores desta páxina comezaron eliminar algunhas destas mensaxes que estas persoas en solidariedade coas demandas desta Plataforma deixaban ao pé das diversas noticias oficiais da páxina. Así e todo outras moitas permanecen aínda na sección Recomendaciones (3.051 á hora que publicamos esta nota), e seguen a aparecer novas mensaxes ao pé das noticias de onde borraran previamente outras mensaxes.

Este acto de censura demostra ser inútil ante a avalancha de xente que protesta indignada pola autorización da Xunta ás fumigacións previstas en case 350.000 ha da nosa terra, tal e como sabemos agora grazas aos mapas filtrados da empresa Fitoaragón, e polas mentiras descaradas do único responsable do goberno galego que deu a cara ata o de agora.

É inútil porque moitas desas mensaxes quedaron rexistradas nunha captura que fixo un usuario á 1 da madrugada do sábado 5 de maio. Loxicamente faltan moitas que foron deixando outros usuarios do Facebook no trascurso do sábado, pero é unha mostra suficiente da indignación popular ante estes asasinos plans.

Namentras, a protesta continúa tamén en Twitter cos lemas #fumigacionsNON + #queremosAbellas.

6 reflexións sobre “A Xunta tenta silenciar o clamor popular de protesta polas fumigacións borrando centos de mensaxes recibidas na súa páxina de Facebook

  1. Pingback: A Junta elimina as mensagens do seu face

  2. A Xunta publicou esto no Facebook:
    http://www.facebook.com/xuntadegalicia

    Xunta de Galicia
    Hace aproximadamente una hora.

    A Xunta lembra que o insecticida utilizado contra o gorgullo do eucalipto é un produto legal e trátase, ademais, do único autorizado para este tratamento. Emprégase, por exemplo, dende hai vinte anos en agricultura e silivicultura para tratar doenzas das berenxenas, as mazás, as peras ou as viñas, entre outros moitos cultivos.

    Neste caso tan só é precisa a autorización para o seu uso porque se fai con medios aéreos (son máis efectivos), xa que se fora con terrestres non sería nin tan sequera necesaria. A súa aplicación farase de xeito localizado, en proporcións moi limitadas (en doses de apenas un vaso de auga por hectárea) e sempre por solicitude expresa dos donos das árbores.

    • Si, grazas. Xa o sabemos e lles estamos dando a debida resposta. Tremenda cara teñen…

  3. Son propietario dunhas pequenas parcelas de monte no Concello de San Sadurniño (A Coruña) e quero deixar claro que négome a que fumigen, sen o meu consentimento, con ningún produto as miñas propiedades.

    • Moitas gracias polo teu apoio, Manolo. Penso que o Concello de San Sadurniño destaca polas súas iniciativas medioambientais. Un saúdo desde a Plataforma.

  4. Pingback: #FumigaciónsNON 10Xuño: Manifestación en Compostela | Plataforma contra as Fumigacións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.