Noticia publicada o venres 04/05/2012 por El Progreso:
Máis de 37.000 persoas apoiaron unha petición en Actuable que pide a ASAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) e ás Consellerias de Medio Rural e de Medio Ambiente que reconsideren o plan para fumigar máis de 100.000 hectáreas de eucaliptais ante unha praga de insectos. Durante o proceso usarase un tóxico insecticida que será vetado en toda a Unión Europea en menos de catro meses.
Segundo a petición, o plan de fumigación, autorizado pola Xunta de Galicia e algúns concellos, terá graves consecuencias para a flora e a fauna galega. Concretamente sinálase o risco para a supervivencia das abellas, especialmente sensibles ao uso deste tipo de pesticidas.
En poucos días, a petición rexistrou un gran crecemento. Cada vez que a petición é asinada, un correo electrónico envíase a ASPAPEL e ás Consellerias da Xunta de Galicia. Nas últimas horas, ademais, centos de usuarios acudiron á páxina da Xunta de Galicia en Facebook para mostrar a súa desconformidade coa autorización de fumigación.
O texto da petición sinala que “a Asociación Galega de Apicultura deu a voz de alarma e solicitou a suspensión das fumigaciones interpondo unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente xunto con outras organizacións unidas baixo a Plataforma contra as Fumigacións.”
A plataforma subliña que as abellas son vitais para a fecundación de numerosas plantas, entre elas aquelas destinadas á alimentación humana. A súa desaparición “provocaría o colapso da agricultura e a apicultura en Galicia, e condenaría os galegos á dependencia alimentaria do exterior de xeito indefinido”.
Unha Directiva europea prohibe ademais fumigar desde o aire cando existen outros métodos. Segundo o texto da petición “Existen métodos moito menos agresivos para acabar co insecto que afecta os eucaliptos, por iso é difícil entender por que o empeño en usar este tóxico produto cando existen outras alternativas”.
“Actuable é unha plataforma aberta que serve precisamente para isto: permitir que calquera persoa, en calquera lugar, poida iniciar peticións sobre os temas que máis lle preocupan” afirma Francisco Polo, fundador e director de Actuable. “Esta petición conseguiu un gran apoio e miles de persoas están a pedir dar marcha atrás nese plan de fumigación” engade.
A Xunta eliminou do seu perfil todos os comentarios solicitando que paralizasen as fumigacións.
Grazas polo aviso, Soto. Vexo que si, que durante esta tarde comezaron desaparecer, pero só están retirando os que se puxeron ao pé das novas, non os que saen na sección de “Recomendaciones” que xa superan os 3.000.
Como ves en http://www.facebook.com/xuntadegalicia están saíndo máis comentarios agora mesmo. Terán que seguir borrando! ;-D
Non te preocupes que temos capturas, aínda que pode que non de todas as mensaxes… pero si unha mostra significativa delas.
Vai ver… http://fumigacionsnon.org/arquivo-ciberaccion-20120504/xuntadegalicia.html 😉
Acaba de nacer unha nova hashtag para denunciar esta censura oficial: #censuraFBxunta https://twitter.com/search?q=%23CensuraFBxunta
A nova foi tamén trasmitida no boletín electrónico Apinews, tal e como nos informou AGA: http://www.apinews.com/es/component/k2/item/18368