Moitas das mensaxes que enviaron os usuarios de Facebook foron onte borradas polos administradores da páxina da Xunta nesta rede social. E aínda hoxe continúan a aparecer novas mensaxes de indignación pedindo que se cancelen as fumigacións previstas e a Xunta continúa a borralas.
Grazas á propia colaboración dos internautas esas mensaxes non se perden de todo. Hoxe ofrecémosvos un par de animacións (en formato GIF) que nos fixeron chegar incluíndo 24 horas de protesta en Facebook, en concreto as que utilizan a sección de Recomendacións na propia páxina da Xunta. As mensaxes non aparecen completas pero ben serve de mostra do nivel que está a acadar a protesta contra estas fumigacións na Rede.
- Ver primeira parte da animación (1,2 MBytes): Protesta en Facebook contra as fumigacións avaladas pola Xunta de Galicia.
- Ver segunda parte da animación (4,2 MBytes): Protesta en Facebook contra as fumigacións avaladas pola Xunta de Galicia.
Dispoñemos tamén de numerosas capturas de mensaxes tomadas en diversos momentos desta fin de semana de ciberloita contra as fumigacións, como a que acompaña esta noticia. Se tes ti outras capturas fáinolas chegar e irémolas publicando. Grazas!