A Xunta continúa tentando calar a protesta contra as fumigacións en Facebook

Unha das moitas capturas da ciberprotesta en Facebook contra as fumigacións avaladas pola Xunta de GaliciaMoitas das mensaxes que enviaron os usuarios de Facebook foron onte borradas polos administradores da páxina da Xunta nesta rede social. E aínda hoxe continúan a aparecer novas mensaxes de indignación pedindo que se cancelen as fumigacións previstas e a Xunta continúa a borralas.

Grazas á propia colaboración dos internautas esas mensaxes non se perden de todo. Hoxe ofrecémosvos un par de animacións (en formato GIF) que nos fixeron chegar incluíndo 24 horas de protesta en Facebook, en concreto as que utilizan a sección de Recomendacións na propia páxina da Xunta. As mensaxes non aparecen completas pero ben serve de mostra do nivel que está a acadar a protesta contra estas fumigacións na Rede.

  1. Ver primeira parte da animación (1,2 MBytes): Protesta en Facebook contra as fumigacións avaladas pola Xunta de Galicia.
  2. Ver segunda parte da animación (4,2 MBytes): Protesta en Facebook contra as fumigacións avaladas pola Xunta de Galicia.

Dispoñemos tamén de numerosas capturas de mensaxes tomadas en diversos momentos desta fin de semana de ciberloita contra as fumigacións, como a que acompaña esta noticia. Se tes ti outras capturas fáinolas chegar e irémolas publicando. Grazas!

4 reflexións sobre “A Xunta continúa tentando calar a protesta contra as fumigacións en Facebook

  1. A algún can destes de dúas patas, non estaba mal amarralo a un eucalipto xusto antes de que pase a avioneta fumigando, e así quitabaselle a tontería, xa fose por lavado ou por defunción.

  2. Para todos os que estades a ver as vosas opinións silenciadas na páxina oficial dun organismo público que pagamos entre todos, onde nos silencia unha persoa paga co diñeiro dos nosos impostos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.