Mapas das fumigacións aéreas previstas en Galiza co pesticida catalogado como tóxico pola Unión Europea

A partir dos mapas divulgados a semana pasada por ADEGA, vimos de realizar un gráfico onde se pode apreciar mellor o alcance das fumigacións aéreas planificadas por ASPAPEL coa colaboración da Xunta e outras entidades. Sobre os círculos de 8 Km de diámetro que aparecían nos mapas da empresa que planificou as fumigacións marcamos áreas difusas de dispersión para recoller graficamente os datos que publicacións como a do doutor Jorge Kaczewer da Universidade de Bos Aires (Uso de agroquímicos nas fumigacións periurbanas e o seu efecto nocivo sobre a saúde humana), que alertan de que ao empregarse medios aéreos os pesticidas poden esparexerse a quilómetros de distancia dos puntos de fumigación.

Este mapa non recolle a dispersión que se poida producir polos fluxos de auga superficial ou soterrada, nin pola mobilidade dos animais contaminados, que obviamente poderán levar o flufenoxurón a moita máis distancia: lembremos que é un pesticida moi bioacumulable, é dicir, que permanecerá nos tecidos dos animais durante longo tempo acumulándose ao longo da cadea trófica.

É preciso que todos/as os/as galegos/as reaccionemos diante desta barbaridade sen precedentes, sobre todo aqueles que viven nas aldeas e vilas directamente afectadas, porque non soamente están en perigo as abellas, os peixes, os paxaros insectívoros, os morcegos, e moitos outros animais das zonas afectadas senón que a nosa saúde e a viabilidade da nosa agricultura están en grave perigo. Non quedes parada/o e reacciona! Trasmite esta información a canta xente poidas, para que poidamos deter estes plans ecocidas! Grazas!

Mapa das fumigación con flufenoxurón (Cascade) que teñen previsto realizar en media Galicia

18 reflexións sobre “Mapas das fumigacións aéreas previstas en Galiza co pesticida catalogado como tóxico pola Unión Europea

  1. Pingback: Mapa de las fumigaciones aéreas previstas en Galicia con un pesticida tóxico.[GAL]

  2. Melide non está tinxido de vermello, e é un dos sitios onde recompilaron permisos para fumigar a esgalla grazas á colaboración do concello…

    • Si, sabémolo, Xosé. Por iso a explicación que damos xunto ao mapa de que non figuran todos os puntos: só os que tiña inicialmente planificada a empresa Fitoaragón.

  3. Son apicultor e teño eucaliptos no monte, o que teñen que facer e buscar outra forma de eliminar esa enfermedad sin que por intereses nos envenenen todo.

    • Efectivamente, hai outros medios. Por exemplo hai métodos de loita biolóxica que a Xunta está pagando con diñeiro de todos e que se van ver anulados por esta fumigación irracional posta en marcha polas papeleiras. É unha razón máis para suspender esas fumigacións aéreas, non che parece?

  4. loita biolóxica????A loita biolóxica deberíamos ser nós mandando o goberno da Xunta á cárcere e a posteriori deixar que o gorgoxo acabe cos eucaliptos que invaden toda nosa terra.

    • ti non tes nin idea como ti non tes monte os demais que se fodan , pa que sepas na miña familia na primeira corta de madeira fai 40 años cando se pagaba ben compraron un piso na cidade e hay 15 anos otra corta axudou a comprar outro nas aforas e agora as arbores xa estan ben grandes de novo , por desgracia o prezo dos pisos xa estaba disparado a finais dos 90 e xa non o pagou todo , pero a ver donde compras ti ainda que sea 1 seat panda co que den as abellas , e como decir que o monte arde cos eucaliptos , o monte arde por que lle plantan lume e por que non se cuida , pero arder cando esta todo seco arden hasta as hedras dos arbores .

      • Ola Pepe
        Vexo que estás moi activo nos comentarios mais pídoche que sexas máis respectuoso e procures documentarte antes de escribir. Non creo que poidas afirmar que uns teñamos ou non teñamos monte e que por iso teñamos ou non teñamos “nin idea”. Moitas das persoas que formamos parte da Plataforma temos montes, as nosas familias teñen montes, e seguro que moitos e moitas de nos mesmo temos plantacións de eucalipto, ademais de castiñeiros, carballos, froiteiras, hortas,… e abellas.
        Alédome de que os eucaliptos permitisen á túa familia adquirir varias vivendas (non sei cantas mais precisarán) mais entristéceme que os abelleiros non poidan gañar nin para comprar “un seat panda”, e menos se lles morren as abellas, non cres?.
        Por outro lado non entendo o paralelismo que fas entre “a miña famlia paga pisos con eucaliptos e os abelleiros non teñen nin para comprar un coche” con “dicir que o lume arde cos eucalpitos, o monte arde porque lle prantan lume non se coida”. Tal vez poidas explicalo mellor.
        Un saúdo

        • empezo pola praga por aqui na coruña nas zonas altas +500m solo hay toxo alguns propietarios plantaron eucalipto para intentar sacarlle rendimiento a ese terreno baldio , pois o bicho acaba con todo , e moi activo nas zonas altas o monte arde se esta baldio a toxo , o toxo e a cousa mais combustible do monte e compite con todas as especies de prantas , onde crece o toxo non crece casi nada mais , o sea monte a toxo e monte que arde abandonado e que facilitara a propagacion do lume , o monte productivo son estas zonas baldías que poderianse prantar en hilera e limpialos cada ano eu limpo os meus cada ano , e asi co tempo o toxo desaparece e crece a herba e os fentos a xente solo se acorta dos montes para cortar a madeira , e todalas arbores teñen enfermedades importantes co cambio do clima proliferan .hongos nos castaños procesionaria e gusanos da savia nos pinos a este paso quedaremos sin arbores , no obstante estas fumigacions poderianse evitar se desaparecera o eucalipto globulus , hay outro eucalipto chamado nitens que este non o comen nin aqui nin de donde e , claro que este non rebrota , un saudo.

          • Ola Pepe
            Tes razón en que o monte está moi abandonado e que moita xente só se lembra del para cortar a madeira. Está claro que é preciso facer algo e ordenar o monte. Desde a Plataforma contra as fumigacións somos conscientes disto mais a nosa proposta vai polo camiño dunha xestión do monte sustentable e non centrada no monocultivo do eucalipto. Eucaliptos, mais tamén piñeiros, carballos, castiñeiros e outras madeira nobles dos que tamén se pode tirar froito e facer outros aproveitamentos. Apostar polo monocultivo é xogarse todo a unha carta, é, como estamos a ver, crear o caldo de cultivo perfecto para o desenvolvemento das pragas. Deste a Plataforma sinalamos o monocultivo como o culpable da praga e é por iso que ademais de loitar contra unha fumigación tóxica tamén queremos que se teña en conta de onde ven o problema, non do eucalipto, senón do monocultivo.
            En canto ao que dis do globulus e o nitens… xa veremos o que pasa dentro duns anos con esta nova variedade pois creo que non está tan claro que sexa resistente ao bicho.

          • o nitens e resistente , teñoo nunha das zonas mais atacadas do bicho e non o comen eso si intentan comelo , as accions bioloxicas da xunta dan risa , colgaron una bolsa de esas avispas na parcela esa cando se ve que non esta afectada , na veira da carretera , tiven que quitala dali e poñela noutra parcela que esta destrozada e os toxos mais altos coas arbores algo hay que facer , como digo actualmente todas as arbores estan afectadas de praga , o pino non se pode poñer moito algun dia chegara aqui o gusano que o seca , o castaño ten o chancro e a tinta e gusano de castaña , o roble cos hongos ainda que eu aposto co roble e o eucalipto para nada en galicia hay un monocultivo de eucalipto os castaños pola miña zona antes da chegada desa s pestes nos meus montes crecian polo medio dos eucaliptos sin problemas.

          • Polo que sei a maior vantaxe da variedade Eucaliptus Nitens é a súa resistencia ao frío e é por iso que se está a prantar naquelas zonas máis altas onde o eucaliptus globulus non se adaptaba ben. Non atopo ningunha documentación referente ao eucaliptus nitens que faga referencia á súa resistencia ao ataque do gorgullo, podes facilitarme algún enlace ou documentación que o xustifique?. Ocórreseme que ao gorgullo pode que lle guste máis o globulus que o nitens e entón, que pasará cando só cultivemos nitens? A quen atacará o gorgullo?. De todos xeitos isto só é unha especulación.
            En documentación da FSC, entidade certificadora da madeira, en referencia ao uso do Flufenoxurón, toca o tema da selección de xenotipos menos susceptibles ás pragas (do gorgullo) e pon o seguinte:

            Dentro de las líneas de investigación que se vienen desarrollando en la Dirección de Desarrollo e
            Innovación del Grupo ENCE (al cual pertenece la empresa NORFOR) existe en la actualidad una
            línea dirigida a la selección de individuos que son menos susceptibles a Gonipterus scutellatus.
            Hasta la fecha, y a pesar de haberse prospectado varios genotipos pertenecientes a 260 familias
            de Eucalyptus globulus procedentes del área natural de distribución de la especie, no se han
            encontrado resistencias significativas a la plaga.

            Estráñame que non fagan referencia ao Eucaliptus nitens, que neste caso non é unha selección xenotípica, senón unha especie diferente.
            Podesme explicar como é que dis “non o comen eso si intentan comelo” en referencia ao gorgullo e o eucaliptus nitens?. Imaxínote subido á pola dun eucalipto disfrutando da escena dun gorgullo botándolle o dente a unha folla que se lle resiste. Será que está dura? que non lle sabe?. Como sabes que o gorgullo “intenta comelo”?
            Coincido contigo en que as accións biolóxicas da xunta dan risa, mais que un programa mal deseñado ou mal implementado non funcione non quere dicir que unha loita biolóxica ben feita non sexa efectiva.
            Se atendemos ao estudo “Recursos Forestales de Galicia 2005-2008” tal e como se comenta nesta páxina é verdade que non existe “un monocultivo de eucalipto” en Galicia, pois por sorte aínda temos moitos carballos, castiñeiros, etc… Mais tamén é certo que cada día o eucalipto vaille roubando lugar a outras especies e darasme a razón se digo que en Galicia si existen moitos monocultivos de eucalipto, e so tes que vir á provincia da Coruña, a calquera zona rural: Monfero, Betanzos, Miño, Pontedeume, Ferrol… e a unica paisaxe que verás será un mar verde de eucalipto. Agora, se te vas a Ourense, por exemplo, pois facilmente poderás ver unha paisaxe diferente.
            Gustaríame que me respondeses ás varias preguntas que che fago.

          • Manda carallo o que hai que oír! De onde sacaches que o toxo é o máis inflamable que hai no monte? De que estudo de inflamabilidade ou combustibilidade o sacaches? Sexamos serios, ho!

            Por outra banda dicir que onde medran os toxos non medra máis nada amosa unha grande ignorancia do que é o proceso de sucesión nos ecosistemas e a función pioneira e nitrificadora do toxo. Se ti ves nunha determinada parcela só toxos é moi probable que sexa porque estaba tan degradada ou carecía dos nutrintes precisos para outras especies se estabeleceren. Pero as leguminosas, entre as que está o noso amigo (si, amigo do pobo galego durante milenios, xa que lle permiteu fertilizar magnificamente as terras de cultivo) o toxo, poden “fabricar” o seu propio nitróxeno, grazas á simbiose que teñen con certas bacterias. Por iso os toxos colonizan rapida e doadamente moitas extensións. Despois dan paso a outras especies, unha vez queda suficiente nitróxeno no chan. Así que non falemos tan “mal” dos toxos e con tan pouco coñecemento da súa función tanto nos ecosistemas como na agricultura tradicional galega, por favor.

            Cando xa non teñamos fertilizantes procedentes do gas natural, adiviñas que imos ter que volver utilizar como fertilizante para podermos cultivar algo que levar á boca?

  5. Pingback: Mapa de las fumigaciones aéreas previstas en Galicia con un pesticida tóxico | Conciénciame! // 2007-2012

  6. Pingback: Este luns 21 entregaremos na Xunta de Galicia os milleiros de sinaturas recollidas contra as fumigacións | Plataforma contra as Fumigacións

  7. Pingback: Mata al bicho, pero arrasa todo: El pesticida que acaba con el gorgojo del eucalipto es letal para el suelo y el agua | Plataforma contra as Fumigacións

  8. Pingback: Os fumigadores si andan pola Costa

  9. e facil saber se os intentan comer ou non , cando fai aire caen follas verdes e vense algunhas dentadas como hay tantos e como volan alguns proban sorte , en cambio as do globulus estan comidas por todo o borde , nada que ver estas son as especies que come o bicho ,Especies hospederas: Las especies hospederas de mayor a menor ataque según la bibliografía son: Eucaliptus camaldulensis; Eucaliptus tereticornis; Eucaliptus grandis; Eucaliptus globulus; Eucaliptus dunni; Eucaliptus saligna; Eucaliptus viminalis; Eucaliptus robusta; Eucaliptus. Smithii. fuera de estas variedades o resto non e comido . como digo este eucalipto non rebrota po lo que e posible a recuperacion do terreo sen ter que pelear coas cepas este eucalipto e o rei da montaña tanto co problema dos ventos fortes como das nevadas o nitens ten outras plagas que non comentarei , pero o tema esta en variar as especies e non facer monocultivo dunha soa , a semana pasada din unha volta para ver as arbores , en unha de cal e outra de area as avispas onde teño globulus deron resultado espero que non morran no inverno polo frio , en cambio os castaños secan cada vez mais pola tinta , destroza a raiz e seca , dentro de pouco xa non habera castaños en galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.