Pretenden fumigar na Costa da Morte cun produto químico tóxico

Noticia aparecida no web ANosaCosta.es o día 11/05/2012:

Pretenden fumigar a comarca cun produto químico tóxico

Varias entidades advirten da toxicidade e dos efectos nocivos que terá a acción.

Co obxetivo de combater a praga no goníptero nos eucaliptais, ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón) pretende impulsar unha campaña de fumigacións en distintos puntos de Galicia.

A polémica xurde pola prevista utilización do flufenoxurón, unha sustancia tóxica e que quedará prohibida desde o vindeiro mes de agosto en toda a Unión Europea. Este dato puxo en alerta a diversos colectivos que se agruparon entorno a plataforma fumigacionsnon.org, e que piden que non se leven a cabo estas fumigacións aéreas masivas polos efectos para o medio ambiente.

Equo presentou unha denuncia ante a UE contra o goberno español, a Xunta e o concello de Melide pola publicidade e a permisividade neste asunto. Desde o partido que dirixe López de Uralde advirten que o produto en cuestión terá serios “efectos nocivos” para a flora, o solo, a saúde humana e a fauna, e especialmente, para as colonias de abellas.

Desde Verdegaia acusan a Xunta de “connivencia”, e desde Adega pensan que “A Xunta podería estar sendo cómplice, dun delicto contra a saúde das persoas eo medio ambiente”.Tamén sindicatos como o Sindicato Labrego Galego e colectivos como a asociación de apicultores de Galicia presentaron unha denuncia na Fiscalía de Medio Ambiente.

Algún lector púxose en contacto con Anosacosta denunciando está situación, e efectivamente segundo a documentación difundida por Adega, Santa Comba, Zas, Vimianzo, Dumbría, Cee, Fisterra, Corcubión, Ponteceso e Cabana están no mapa de fumigacións.

A nova, noutra versión lixeiramente diferente, apareceu tamén no web ANosaGalicia.es.

La Xunta asegura que solo habrá fumigaciones «si lo piden los propietarios»

A Xunta comeza tentar desmarcarse das polémicas fumigacións diante da resposta social contraria ás mesmas, aínda que repetindo as súas coñecidas xustificacións mentireiras. O día 11/05/2012 podiamos ler na edición para o Morrazo do Faro de Vigo:

La Xunta asegura que solo habrá fumigaciones si lo piden los propietarios
Alega que el tratamiento a eucaliptos con gorgojo lo ofrece la Asociación de Fabricantes de Papel y no es un plan del Gobierno autonómico

FRAN G. SAS – MOAÑA La inclusión de zonas de los Montes do Morrazo como susceptibles de recibir las fumigaciones aéreas con flufenoxurom provocó una tormenta de reacciones en los últimos días. La Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rechazó este plan y asegura que se trata de un producto altamente tóxico que, aunque luche contra la plaga del gorgojo del eucalipto, dañará a otras especies de flora y fauna, a los cursos de los ríos e incluso afectará a varios núcleos habitados. La Consellería de Medio Rural, sin embargo, se defiende y alega que no se trata de un plan de fumigaciones del gobierno autonómico, sino que parte de la Federación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón. Ellos se dirigen a los comuneros o propietarios de plantaciones de eucaliptos ofreciendo el servicio. La Xunta lo que hace es estudiar cada solicitud y autorizar, en su caso, las fumigaciones aéreas.

De momento no se ha solicitado ninguna en toda Galicia y desde Medio Rural apunta que únicamente se fumigará en aquellos lugares en donde los dueños los soliciten expresamente. Las tres comunidades de montes de Moaña ya rechazaron esta solución y aseguran que seguirán por la vía de sustituir el eucalipto infectado por otras especies como los pinos.

Sobre la toxicidad del flufenoxurom la Xunta asegura que, al menos hasta final de año, es un producto legal que puede comprar cualquier particular, y alega que se dejará de vender por un problema relacionado con las licencias. A partir de 2013 ya no se podrá usar este compuesto químico.

Fuentes oficiales de Medio Rural entienden que no comporta ningún riesgo para personas ni otras especies de árboles y añaden que incluso se utilizó para acabar con plagas que afectaban a robles en la provincia de Ourense y en el sur de la de Lugo. “Ademais as concentracións son moi baixas. Sería un vaso de flufenoxurom diluído con auga por cada hectárea de terreo”.

Colectivos ecologistas alertan de que el área susceptible de sufrir estas fumigaciones en la península do Morrazo afectaría sobre todo a zonas de Moaña, Marín y Vilaboa. Delimitan una circunferencia de ocho kilómetros de diámetro.

(As ligazóns para ampliar información non viñan na noticia orixinal senón que as engadimos nós.)

Xa son máis de 150.000 sinaturas en contra das fumigacións

A iniciativa de recollida de sinaturas posta en marcha por un participante na nosa Plataforma chegou onte aos 150.000 apoios, e continúa a medrar imparable. Por cada un destes apoios, a responsable de medio ambiente da patronal papeleira ASPAPEL así como diversos responsables da Xunta de Galicia, incluíndo a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, están a recibir unha carta esixindo a cancelación inmediata dos plans de fumigación aérea co pesticida Cascade (flufenoxurón) en Galiza.

A recente unión da plataforma Actuable (onde inicialmente fora creada a iniciativa de recollida de apoios online) coa estadounidense Change.org redundou nun medre espectacular de apoios, debido seguramente á meirando audiencia desta última plataforma, que ten conseguido xa importantes logros coas peticións que alberga. Esperamos que esta iniciativa para deter as fumigacións tamén faga recapacitar a quen as planifica e as autoriza, xa que estas voces non as poden calar, como en troques si que tentan facer coas que protestan por outras vías complementarias como Facebook.

[ACTUALIZACIÓN 17/05/2012: Change rebaixou de súpeto e de maneira importante a cifra de apoios que consta no seu web. Estamos á espera de que nos fornezan máis información sobre este baile de cifras, e publicaremos información ao respecto o antes posible.]

Feijoo recibe a noticia de que xa hai máis de 150.000 sinaturas online contra as fumigacións

Con motivo do paso de Actuable a Change os comentarios anteriormente deixados por diversos usuarios desapareceron, pero xa se solicitou aos responsables da plataforma a súa recuperación, porque pensamos que son importantes todas as voces e toda a información adicional que os cidadáns están a partillar coa Plataforma e co resto da poboación galega, cada día máis avisada e alarmada por estes perigosos plans de contaminación masiva http://fumigacionsnon.org/2012/05/08/mapas-das-fumigacions-aereas-previstas-en-galiza-co-pesticida-catalogado-como-toxico-pola-union-europea/do noso territorio.