Recibimos as primeiras fotos que proban que as fumigacións xa comezaron… por terra!

Proba gráfica das fumigacións con pesticida en Pazos de BorbénUn participante na Plataforma fíxonos chegar onte unhas fotografías tomadas nas plantacións de eucaliptos do monte veciñal de Cepeda, en Pazos de Borbén. Agradecemos vivamente esta denuncia gráfica e animamos a calquera persoa ou organización a nos enviaren máis probas gráficas deste atentado masivo contra o país! Esteamos cos ollos abertos a camionetas deste tipo, a helicópteros ou avionetas (ou mesmo globos ou avións teledirixidos). Sabemos que se non é por un medio van tentar fumigar por outros, así que moito ollo!

As fumigacións andan perto: o sábado 12 de maio, unha furgoneta provista dun canón nebulizador dedicouse a fumigar os eucaliptais do monte veciñal de Cepeda, en Pazos de Borbén, nunha plantación que o pasado ano sufríu un forte ataque do gorgullo Gonipterus scutellatus. Se non me confundo, estes eucaliptais están situados nunha área de monte comunal que a Xunta de Montes daquela freguesía conveniou con Norte Forestal S.A., filial de Ence. Trátase de superficies de nova repoboación, onde seguramente introduciron eucaliptos clónicos de rápido crecemento.

Sinto que a calidade das fotos non sexa mellor, o veículo estaba mui lonxe. Outras comunidades de montes da zona, como a de Pazos, negáronse rotundamente á fumigación dos seus montes, pero este non semella ser o caso de Cepeda. Neste caso a fumigación non foi aérea, pero se vos fixades ben a pouca distancia do veículo unha vaca pace pracidamente entre os eucaliptos tratados. Entre as áreas de fumigación existen zonas de grande valor ecolóxico, como o curso alto do río Alén, no concello de Mondariz. Non me extrañaria que anden a fumigar tamén por aquí, temos que estar atentos.

Para o control do noso amigo defoliador existe unha alternativa biolóxica que se ven aplicando desde hai tempo, que eu saiba con bastante éxito: unha vespiña australiana que parasita as postas de Gonipterus: Anaphes nitens. As fumigacións dos eucaliptais están polo tanto completamente inxustificadas (salvo para o lobby do eucalipto e das empresas de agroquímicos, claro).

Fumigacións con pesticida dos eucaliptos en Pazos de Borbén

Fumigacións Pazos de Borbén, pesticida eucaliptos

Fumigacións Cascade en Pazos de Borbén

ENCE responde con mentiras ás protestas contra as fumigacións e di que «non hai outro medio para combater o gonipterus»

Noticia aparecida no Diario de Pontevedra o pasado martes 15/05/2012:

La APDR solicita a los concellos que rechacen las fumigaciones contra el gorgojo

PONTEVEDRA. La Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) ha solicitado a los concellos de la comarca que se posicionen públicamente en contra de las fumigaciones aéreas previstas por la Xunta para combatir la plaga del gorgojo, un insecto que QUE AFECTA AL DESARROLLO DEL EUCALIPTO. El colectivo ecologista, que forma parte de la Federación Ecoloxista Galega y de la Plataforma contra as Fumigacións considera “prexudiciais no ecosistema, na saúde das persoas, nos sectores produtivos como a apicultura e a agricultura e na destrución do emprego e da actividade económica local” la utilización do pesticida Cascade.

La APDR, que ha alertado a las comunidades de montes de la comarca, acusa a la empresa Ence de estar detrás del plan de fumigaciones que llevará a cabo la patronal española del papel (Aspapel), con el apoyo de las consellerías de Medio Ambiente y Medio Rural, en 51 concellos de la provincia. La asociación que sostiene que el culpable de la entrada del gorgojo en los montes gallegos es Celulosas, recuerda que el delegado de Ence, Ignacio Colmenares, preside actualmente la asociación Aspapel.

Responsables de Ence manifestaron ayer que la “única vía para atajar el gorgojo” pasa por la utilización del citado biocida, cuyo uso es legal. La empresa pastera asegura que empleará el plaguicida en los cultivos de eucalipto afectados por el gorgojo.

Ver nota de prensa orixinal da APDR

Para o control do defoliador existe unha alternativa biolóxica que se ven aplicando desde hai tempo, e que mesmo é a vía da que presume a Xunta de Galicia: unha vespa australiana que parasita as postas de Gonipterus: Anaphes nitens. Polo tanto a propia Xunta de Galicia desminte a ENCE. Queda demostrado que as fumigacións dos eucaliptais están completamente inxustificadas e mesmo contraveñen a Directiva Europea 2009/128/CE que só as permite por medios aéreos cando non exista outra maneira de loitar contra unha praga.

A Asociación pola Defensa da Ría solicita aos concellos de Pontevedra que se posicionen en contra das fumigacións

Desde a APDR (Pontevedra) informáronnos o pasado día 14/05/2012:

Hoxe fixemos un envío (vía rexistro) aos concellos da comarca de pontevedra en sentido amplio invitándolles a que se situen publicamente sobre este tema e eviten as fumigacións nas áreas contempladas no ámbito do seus concellos.

Nesta ligazón podedes descargar o documento (en PDF), que pode servir para outras entidades e persoas a título particular como modelo adaptable que presentaren nos seus concellos. Tanto se o teu concello está dentro dos obxectivos iniciais do plan de fumigacións masivas, coma se non (poderían realizalas tamén, como se demostrou no caso de Melide), pídelles que se posicionen en contra delas: é o seu deber.