Un participante na Plataforma fíxonos chegar onte unhas fotografías tomadas nas plantacións de eucaliptos do monte veciñal de Cepeda, en Pazos de Borbén. Agradecemos vivamente esta denuncia gráfica e animamos a calquera persoa ou organización a nos enviaren máis probas gráficas deste atentado masivo contra o país! Esteamos cos ollos abertos a camionetas deste tipo, a helicópteros ou avionetas (ou mesmo globos ou avións teledirixidos). Sabemos que se non é por un medio van tentar fumigar por outros, así que moito ollo!
As fumigacións andan perto: o sábado 12 de maio, unha furgoneta provista dun canón nebulizador dedicouse a fumigar os eucaliptais do monte veciñal de Cepeda, en Pazos de Borbén, nunha plantación que o pasado ano sufríu un forte ataque do gorgullo Gonipterus scutellatus. Se non me confundo, estes eucaliptais están situados nunha área de monte comunal que a Xunta de Montes daquela freguesía conveniou con Norte Forestal S.A., filial de Ence. Trátase de superficies de nova repoboación, onde seguramente introduciron eucaliptos clónicos de rápido crecemento.
Sinto que a calidade das fotos non sexa mellor, o veículo estaba mui lonxe. Outras comunidades de montes da zona, como a de Pazos, negáronse rotundamente á fumigación dos seus montes, pero este non semella ser o caso de Cepeda. Neste caso a fumigación non foi aérea, pero se vos fixades ben a pouca distancia do veículo unha vaca pace pracidamente entre os eucaliptos tratados. Entre as áreas de fumigación existen zonas de grande valor ecolóxico, como o curso alto do río Alén, no concello de Mondariz. Non me extrañaria que anden a fumigar tamén por aquí, temos que estar atentos.
Para o control do noso amigo defoliador existe unha alternativa biolóxica que se ven aplicando desde hai tempo, que eu saiba con bastante éxito: unha vespiña australiana que parasita as postas de Gonipterus: Anaphes nitens. As fumigacións dos eucaliptais están polo tanto completamente inxustificadas (salvo para o lobby do eucalipto e das empresas de agroquímicos, claro).
Xa fai anos que non se esconden http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/11/3718077.shtml
Grazas polo artigo, Raúl! Está visto que malia teren utilizado este insecticida non conseguiron acabar co goniptero e si reducir o número de abellas de maneira brutal. Se agora o fan desta maneira masiva e aérea sería un golpe terminal para elas… e para nós!
Pero seguen sen acabar coa praga e o veleno chegará a auga que bebemos e os alimentos que comemos.
É noxento, a maioría dos humanos aínda non se decataron de que somos parte do planeta e, que o deterioro que se lle faga non poderemos arranxalo.
El danos; osíxeno,aliméntanos, acubíllanos,fai que poidamos gozar da paisaxe, … doume de conta que é innumerábel.
Mais resúmese nunha palabra ¡VIDA!
Pingback: MundoGaliza – Aparecen camionetas fumigadoras polos montes de Mazaricos