O pasado luns 21 de marzo, fíxose entrega no Rexistro da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela de máis de 86.000 sinaturas recollidas na campaña online contra as fumigacións con flufenoxurón, insecticida altamente tóxico que será retirado do mercado da UE a partires de agosto.
Ao acto acudiron membros da Plataforma contra as fumigacións así como diversos medios de comunicación como Grupo Voz, TVE, SER, rne, etc, que cubriron a nova.
Ademais das 86.426 sinaturas tamén se fixo entrega dunha cesta con un bote de mel e outros produtos agrícolas cuxa produción corre perigo se as fumigacións se fan efectivas debido á mortandade que o insecticida produce nas abellas.
Como próxima acción a Plataforma convocará unha manifestación en Compostela o domingo 10 de xuño.
Podes ver as declaracións de representantes da plataforma no seguinte video:
Tamén o Telexornal da TVE1 se fixo eco da nova:
Outros medios onde se pode ler algo sobre a entrega das sinaturas:
El país: 100.000 firmas para detener las fumigaciones de eucaliptos
Europapress: La Plataforma contra as Fumigacións entrega a la Xunta 100.000 firmas contra el uso de un pesticida “tóxico”
Galicia confidencial: Máis de 85.000 sinaturas contra as fumigacións
dado o potencial bioacumulativo que teñen os cogumelos e: “Cómpre puntualizar ao respecto que á Xunta unicamente lle compete avaliar as peticións que poida recibir para emitir, no seu caso, a correspondente autorización administrativa que non é necesaria para os tratamentos desde terra”. http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/institucional/comunicacion/nova/?tx_ttnews%5Btt_news%5D=5199&cHash=3cd34a18d4 lembrar que o veleno e toxico, moi persistente e moi bioacumulativo. Quen se atreve a degustar cogumelos de Galicia? Que nais e pais darian a comer e beber os seus fillos alimentos e auga con residuos dun veleno destas caracteristicas?
Non creo que sexa un bon día o escollido para a manifestáción, é un fin de semana de moita primeira comunión.