Preto de 86.500 firmas en contra da fumigación con flufenoxuron

Os medios recolleron a nova da entrega de máis de 86.000 sinaturas contra as fumigacións nas súas edicións dixitais e tamén en papel. Un deles foi Galiciaé-De Luns a Venres.

Reproducimos a nova:

A plataforma asociativa contraria a unha eventual fumigación aérea en zonas de eucalipto afectadas pola praga do gurgullo precisou hoxe que presentou unha total de 86.421 firmas contra esa iniciativa.

As firmas foron presentadas esta mañá no rexistro da Xunta pola citada plataforma, que alega que o produto que prevé ser utilizado nunha zona ao redor da comarca coruñesa de Melide entre agosto e decembro próximos é flufenoxuron, unha pesticida tóxico da química alemá Basf. El produto, denominado Cascade, deixará de ser distribuído a partir de agosto e de estar comercializado a finais de ano por decisión da Unión Europea. A citada plataforma alertou de que ese produto supón un perigo para o medio ambiente e para a saúde das persoas. Sigue lendo

Resposta ás declaracións da Consellería de Medio Rural e Mar

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na súa intervención no Pleno o pasado día 23 de maio, afirmou este mércores no parlamento que:

“non está autorizada ningunha fumigación aérea con flufenoxuron e non entrariamos a revogar autorización algunha porque nin sequera hai solicitude”.

Ademais, sinalou que as peticións só se atenden no caso de qeu sexan aéreas, posto que xa se utilizan en tratamentos terrestres.

Podes ler a nota de prensa completa no seguinte enlace a EuropaPress. Na web da xunta colgouse a seguinte nota e un vídeo moi breve.

A continuación reproducimos unha resposta que chega da man de Suso Asorey, membro da Plataforma contra as fumigacións e tamén da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

A Sra. Conselleira do Medio Rural e do Mar:

Como cultivadores de abellas, levamos 12 anos cunha grande desaparición das nosas colmeas, nalgúns lugares cunha desaparición dun 90-100%, por termo medio temos un 30% de desaparicións, unhas 30.000 colmeas/ano, que podemos valorar en 120 millóns de perdas anuais, valor da colmea, valor da produción e valor do efecto polinizador.

O máis importante non é o valor das abellas nin dos seus produtos, o efecto polinizador é o que máis importa: Sigue lendo

Non ás fumigacións nos montes asturianos

Asturias comeza a movilizarse tamén en contra das fumigacións con flufenoxurón tal e como vemos en notas de prensa que aparecen en distintos medios. Tanto desde os sindicatos agrarios, como a Unión de Sectoriales Agrarias de Asturias (USAGA), ou a Coordinadora Ecoloxista d’Asturies veñen de pronunciarse en contra das fumigacións e comezan as movilizacións para evitar que as terras asturianas se contaminen con este pesticida tan perigoso.

Enlaces ás novas: