A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na súa intervención no Pleno o pasado día 23 de maio, afirmou este mércores no parlamento que:
“non está autorizada ningunha fumigación aérea con flufenoxuron e non entrariamos a revogar autorización algunha porque nin sequera hai solicitude”.
Ademais, sinalou que as peticións só se atenden no caso de qeu sexan aéreas, posto que xa se utilizan en tratamentos terrestres.
Podes ler a nota de prensa completa no seguinte enlace a EuropaPress. Na web da xunta colgouse a seguinte nota e un vídeo moi breve.
A continuación reproducimos unha resposta que chega da man de Suso Asorey, membro da Plataforma contra as fumigacións e tamén da Asociación Galega de Apicultura (AGA).
A Sra. Conselleira do Medio Rural e do Mar:
Como cultivadores de abellas, levamos 12 anos cunha grande desaparición das nosas colmeas, nalgúns lugares cunha desaparición dun 90-100%, por termo medio temos un 30% de desaparicións, unhas 30.000 colmeas/ano, que podemos valorar en 120 millóns de perdas anuais, valor da colmea, valor da produción e valor do efecto polinizador.
O máis importante non é o valor das abellas nin dos seus produtos, o efecto polinizador é o que máis importa:
- A Prestixiosa Royal Geográfical Society, reuneu en Londres, no ano 2008 a un grupo de Científicos reconocidos, de todo o mundo, para dilucidar cal era a especie máis importante para a vida na terra, na votación definitiva saíu nominada a abella como a especie máis valiosa de cantas existen.
- O Parlamento Europeo, en sesión plenaria no ano 2011, ofreceu unha cifras elocuentes; o 80% das plantas con flores precisan das abellas para ser polinizadas, o 84% das plantas cultivadas esixen abellas para ser produtivas, e finalmente que o 76% da nosa alimentación depende de que haxa abellas nos nosos campos.
- Xa “Albert Einstein” pronosticara que “sen abellas non habería alimentación para os humanos” outros autores e científicos recoñecidos conclúen que “se faltaran as abellas, a vida na terra non tería nada que ver co que hoxe temos”.
As abellas son sentinelas do medio ambiente, estánnos indicando que hai un problema medio ambiental grave en todo o mundo, o tema da desaparición das abellas non é máis que a punta dun iceberg, outros moitos polinizadores que non se cultivan tamén está desaparecendo, e moita fauna das nosas augas tamén. A biodiversidade está en declive según estudios varios.
O tema da desaparición das abellas non é un problema só dos abelleiros, o mel poderíase importar pero a polinización necesaria non, en Galicia tamén son imprescindibles as abellas.
Cada día saen a luz novos estudios científicos que relaccionan a desaparición das abellas co emprego de pesticidas nos nosos campos, este fenómeno empezou a raiz da aparición no mercado dunha nova xeración de pesticidas, sistémicos, neurotóxicos, neonicotinoides, que teñen un efecto subletal para as abellas, afectan ao seu sistema de orientación, saen o campo e non regresan a colmea, pérdense no campo, e finalmente a colmea queda sen abellas.
Este fenómeno dase en Galicia sobre todo en certas áreas de cultivos de hortalizas e froiteiras e sobre todo onde se sementa millo forraxeiro, coas sementes tratadas con pesticidas, por medio do pole que recollen as abellas no millo.
A partires dahí atopamos casos aillados e esporádicos en lugares afastados destes cultivos e incluso en zonas de monte, en Cabeza de Manzaneda desapareceron case todas as abellas, cada certo tempo aparecen desaparicións en Ancares, Courel etc.
A nosa hipótese culpa aos tratamentos sobre os eucaliptos deste fenómeno, esporádico e lonxano. A bibliografía fala do desplazamentos destes produtos, polas augas, polo ar etc., neste caso podería ser polo ar, xa que un produto destes lanzado o ar, un día de algo de vento formaría unha nube tóxica que se desplazaría en función do vento, dirección e velocidade e tería moitas posibilidades de depositarse nas montañas. O Confidor (Imidacloprid) foi un dos produtos utilizado. Na provincia de A Coruña e Pontevedra e norte de Lugo a desaparición das abellas é moito maior que no resto de Galicia.
En canto o Cascade (flufenuxeron), parece que é o produto máis utlilizado para combater o gonipterus, era un produto no que non tiñamos reparado moito, pero a raiz da non renovación da autorización pola Comisión europea, por problemas de toxicidade, entre outras para as larvas das abellas, pero tamén para a fauna acuática e sobre todo para a saúde das persoas xa que é bioacumulativo . Se intoxicamos as crías non hai renovación de abellas e o enxame desarece ou fai contraer enfermidades.
A nivel oficial fálase moito das enfermidades que serían as responsables da desaparición, é certo que as doenzas coñecidas, cada vez son máis agresivas, e malas de curar, pero a teoría de moitos investigadores, Spaivak, “non pode haber abellas sás nun medio ambiente enfermo”, “o sistema immunitario das abellas está devaluado a raiz deste envenenamento” e polo tanto as doenzas incrementanse e son máis agresivas.
Volvendo aos tratamentos con Cascade, parece que foi o produto co que trataron tamén o ano pasado a “ pulguiña do carballo” nalgunhas zonas de Ourense, en concreto na zona de Celanova houbo unha grande mortandade das abellas, e notras zonas de Ourense sucedeo o mesmo, cousa que antes non ocurrira, polo que vin na prensa tamén parece que o Ministerio do Medio Rural lle vai dar a nosa Consellería 700.000 € para fumigar os piñeiros, supoñemos que será con este mesmo produto.
Como non pensar mal e chegar a conlusión de que hai moitos intereses en utilizar o produto almacenado que non se poderá comercializar a partir do 1 de agosto nin usar a partir do 31 de decembro?
Coido que temos toda a razón para opoñernos a esta fumigación co cascade e pediríamoslle a toda a cidadanía que non colaboren nesta campaña de fumigacións prevista, xa que nos, os abelleiros defendemos a nosa actividade, o mesmo que os propietarios forestais, pero a diferencia está en que nos defendemos tamén uns intereses comúns de toda a cidadanía, defendemos a calidade da auga que bebemos, do ar que respiramos, dos alimentos que comemos, tamén defendemos a biodiversidade e a saúde das persoas.
Suso Asorey- AGA
Tamén comentaron desde AGA:
E desde Véspera de Nada:
A sabidureda paoulpr non existe. Ou votar un tercio de votantes a Hitler ven sendo algfan acto de sabidureda?As mateme1ticas e os poledticos este1n ref1idos.Por que non lles aprende que 3 votos A + 2 voto B e9 maior que 4 votos C?A democracia dos votos, ui a Santa Democracia dos Votos! Habere1 que pedirlles f3s portugueses que refagan a sfaa historia eliminando un 25 de abril (para seren me1is demf3cratas)?
Reproducimos íntegra a nota da Xunta do día 23 de maio:
Ao reproducido por Europapress, desde Véspera de Nada comentan tamén: