Desde Lugo chéganos a nova dunha campaña que se está a levar a cabo en contra de fumigacións con RoundUP (glifosato) nas murallas de Lugo. Animámosvos a que asinedes a súa petición, na plataforma Change.org, para enviar un correo á Dirección Xeral de Patrimonio, solicitando o cese inmediato das fumigacións.
Algúns dos motivos que apuntan os responsables da iniciativa contra a utilización do herbicida nas murallas son:
- É un herbicida etiquetado como “perigoso para o medio”
- Este agrotóxico xerenra riscos para a saúde humana
- A aplicación no centro da cidade expón ao produto a milleiros de persoas
- A muralla é un hábitat que sirve de refuxio a diferentes especies
Canción protesta: http://www.youtube.com/watch?v=sKRWF0y2VWc&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=RBEPTyb2dKs
http://www.youtube.com/watch?v=-ykdrzT5Q9U&feature=relmfu