A fumigación dos montes galegos, premio “Cemento” ás peores prácticas contra o medio

Reproducimos a nova referente aos premios “Cemento e Semente” editados anualmente polo colectivo ecoloxista Verdegaia.

Todos os anos Verdegaia entrega os seus premios Cemento e Semente, destinados a denunciar malas prácticas ambientais e a recoñecer o traballo e as iniciativas positivas para o medio.

Nesta ocasión, o premio Cemento céntrase nas empresas e institucións que se atopan detrás dos proxectos de fumigación dos montes, “vinculados ao pesticida Cascade e aos intereses da industria da pasta de papel”. Verdegaia responsabiliza destas prácticas a un amplo conxunto de empresas, entidades e institucións, encabezadas por Aspapel, ENCE, Xunta de Galicia, Mesa da Madeira, Subdirección Xeral de Recursos Forestais, Asociación Forestal de Galicia, PROMAFOZ, Ecología y Espacio S.L., Fitoaragón S.L., Estación Fitosanitaria do Areeiro e BASF. Porén o colectivo centra o premio na Xunta de Galicia “como representante político destes intereses empresariais, para que despois poida compartir con eles a boa nova deste recoñecemento”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.