Urxente: Paremos os praguicidas tamén en Europa!

Defendamos as abellas na UE!Mañá día 31 de xaneiro poden darse pasos decisivos na Unión Europea para prohibir os praguicidas de tipo neonicotinoide que se probaron moi daniños para as abellas. Despois da vitoria en Galiza contra o flufenoxurón, a guerra por salvarmos as abellas continúa en Europa. Participa de urxencia nestas dúas campañas online que queren erguer a voz da xente para que as autoridades europeas protexan definitivamente as abellas desta letal ameaza!

Grazas.

6 reflexións sobre “Urxente: Paremos os praguicidas tamén en Europa!

  1. Alguén non debía querer que difundísemos isto: hai unhas horas sufrimos un ataque de crackers que inutilizaron o acceso ao noso blog. Agora conseguímolo restaurar a tempo para este urxente acción. Contamos convosco novamente!

  2. Xa dixen en mais ocasions que son un pequeno apicultor e teño eucaliptos no monte, antes prefiero que lle planten lume que envenenar coas suas fumigacions todo o que pille debaixo.
    Os responsables saben ben que envenenan todo pero gustanlles mais os cartos que intoxicar hasta os seus fillos. Os convido a que se enteren do que está pasando en Argentina debido as fumigacions na agricultura e a repercusión sobre as criaturas que nacen.

  3. A ver si nos concienciamos do mesmo xeito que con estas fumigacions,con outras moito peores ainda.Falo das fumigacions diarias (CHEMTRAILS) que nos envenenan a TODOS,TODOS OS DIAS,esas esteliñas brancas que deixan alguns avions (non comerciales) e que persisten durante horas no ceo,espallando,bario,aluminio,estroncio,mercurio…e outros venenos.Que tamen matan à xente e a natureza.
    Ou è que esto non interesa?
    Pois sepades que se està formando unha plataforma para loitar contra estes crimes tamen,e que tamen necesita de apoios.
    Si queres saber que respiras a diario,informate,e toma decisions.

    Saùdos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.