[ACTUALIZACIÓN DICIEMBRE 2012] A presión social consegue que a Xunta desautorice as fumigacións aéreas co pesticida Cascade.
Seccións
- O veneno: flufenoxurón
- Responsables das fumigacións
- Mapa de fumigacións e calendario de accións
- Mapa Acción-Moción
- Lemas da campaña
- Recursos da campaña (gráficos, audiovisuais, etc.)
- COLABORA
- En castellano
- En català
- Euskeraz
- In italiano
- In English
Resume do problema
- A patronal española do papel (ASPAPEL) pretende realizar coa colaboración da Xunta de Galicia e outras entidades unha fumigación masiva das plantacións de eucaliptos galegas afectadas por un insecto, o Gonipterus scutellatus.
- A fumigación vaise realizar cun insecticida chamado comercialmente Cascade, cuxo principio activo é unha substancia denominada flufenoxurón.
- Esa sustancia foi catalogada como daniña pola Unión Europea e prohibiu a súa venda a partir do 1 de agosto deste ano (2012).
- Un dos seus peores efectos é que é altamente tóxica para as larvas das abellas, como o propio fabricante recoñece na etiquetaxe do produto.
- Se se fumiga masivamente este produto nos montes galegos, existe un gran perigo de exterminio das poboacións de abellas, xa moi reducidas polo continuo uso de pesticidas, segundo apuntan os estudos científicos.
- Se morren as abellas en Galicia, aparte doutros efectos nocivos no ecosistema, non se polinizarán a maior parte das plantas das que nos alimentamos os humanos e os animais que criamos para nos alimentarmos.
- Sen polinización, non hai reprodución destas plantas, e a nosa agricultura colapsará.
Entre as especies vexetais das que nos alimentamos, as seguintes dependen necesariamente da acción polinizadora das abellas para producir froito e semente (ou vense favorecidas por ela):Árbores froiteiras:
Maceira, pereira, castiñeiro, vide, kiwi, amendoeira, melocotoeiro, cerdeira, ameixeira…
Especies forraxeiras:
Alfalfa, trevo, liño, algodón…
Cultivos de horta:
Tomate, couves, cabazas, cabaciñas, pemento, cenorias, perexil, nabos, brécol, porro, couveflor, berenxenas, melóns, cogombros, amorodos, framboesas, espárragos, silveira (amoras)…
Fontes:- Manual de Polinización Apícola (Universidad autónoma Agraria Antonio Narro, José Luis López Carrillo y Pedro Canos Rio).
- Polinización intensiva de cultivos frutales y de semilla, Orlando Valega.
- FAO: La apicultura y los medios de vida sostenibles
- Fundación Amigos de las Abejas
Nestoutras ligazóns atoparás explicacións máis polo miúdo desta grave ameaza para Galiza:
- (23/09/2011) Comisión Europea: REGLAMENTO DE EJECUCIÓN (UE) No 942/2011 DE LA COMISIÓN de 22 de septiembre de 2011 por el que se establece la no aprobación de la sustancia activa flufenoxurón, de conformidad con el Reglamento (CE) no 1107/2009 del Parlamento Europeo y del Consejo, relativo a la comercialización de productos fitosanitarios, y se modifica la Decisión 2008/934/CE de la Comisión [PDF] (ligazón alternativa 1 [PDF])
- (04/04/2012) AGA: Fumigación obrigatoria e gratuita para os eucaliptos
- (04/04/2012) SLG: O SLG alerta sobre a toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta contra o goníptero do eucalipto
- (09/04/2012) Amigos da Terra: A insensatez de realizar fumigacións aéreas de pesticidas sobre monocultivos de eucalipto
- (10/04/2012) ADEGA: Xunta e patronal pasteira poderían fumigar espazos protexidos cun pesticida recentemente prohibido
- (14/04/2012) Redes Escarlata: Os problemas da loita química contra o gurgullo do eucalipto
- (16/04/2012) Véspera de Nada: Para que os eucaliptos vivan, a Xunta e os empresarios do papel decretan a morte da nosa agricultura
- (17/04/2012) ADEGA: SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte
Máis información sobre a desaparición das abellas
- (04/04/2007) ADEGA: SOS abellas: proibición dos pesticidas neurotóxicos xa!
Máis sobre a relación de pragas e monocultivos
- (20/01/2011) ADEGA: ADEGA pide cambios na política forestal da Xunta para evitar as pragas
Pingback: [TomaLaTierra] fumigaciones aéreas de eucaliptales en Galicia con pesticidas prohibidos « Xochipilli – Red de Arte Planetaria -
E se iso formase parte dun plan deliberado por parte non das químicas e das madereiras senón da agroindustria? Imaxinade, un país como Galiza condeado a depender do exterior para alimentarse, de súpeto 3 millóns máis de clientes incapaces de cultivar unha puta leituga coas súas propias sementes.
Aquí pode que haxa moitos máis intereses económicos dos que semella a simples vista.
Pingback: MundoGaliza – As abellas en perigo de extinción se a Xunta autoriza as fumigacións
Estas fumigacións agrocidas, a PAC, a nova Lei de Montes… todo apunta a un plan para destruír a capacidade agrogandeira de Galiza e convertela nunha inmensa explotación de monocultivos para as industrias (da madeira, do papel, da enerxía…). E aos galegos e galegas que precisamos da nosa terra para comer… que nos dean!
STOP TERRORISMO ECOLOXICO
Publicado o enlace do actuable no muro do Alcalde de Ferrol, temos que difundilo todo o que poidamos.
Pingback: Anónimo