A Plataforma contra as Fumigacións implica ao Parlamento de Galicia na campaña contra o uso do glifosato

foto_parlamento_24_05_16

Unha comitiva da Plataforma contra as Fumigacións1 mantivo encontros cos partidos politicos con representación no Parlamento de Galicia para tentar implicalos na campaña contra o uso do glifosato por parte das administracións públicas (PP, PSOE, BNG, AGE e Grupo Mixto).

Nestas xuntanzas, dende a Plataforma demos información aos deputados e deputadas sobre a inclusión deste herbicida na listaxe de substancias potencialmente canceríxenas da Organización Mundial da Saúde (OMS), así como os resultados de diversos estudos que demostran a presenza de glifosato no sangue das persoas e nos alimentos analizados, ou o grave problema derivado do envelenamento masivo de abellas, cos riscos que iso supón no seu esencial papel polinizador e as contiosas perdas provocadas no sector apícola.

As peticións da Plataforma contra as Fumigacións aos partidos políticos foron, principalmente, dúas:

  1. Abrir un debate parlamentario e chegar a un acordo para deixar de utilizar glifosato en traballos levados a cabo polas diversas administracións públicas galegas -concellos, deputacións, Xunta- polos perigos que entraña o seu uso.

  2. Que se impliquen na consecución do anterior punto facendo chegar aos concellos e ás deputacións nas que gobernan a moción para declararse oficialmente en pleno libres de glifosato.

Dende a Plataforma contra as Fumigacións valoramos positivamente estes encontros, xa que conseguimos o compromiso dos diversos partidos de trasladar a aqueles concellos e deputacións nos que gobernan a proposta de non utilizar glifosato polos graves riscos que representa o seu uso para a saúde da cidadanía e a conservación do medio ambiente.

Tralo fracaso da Comisión Europea na súa tentativa de prorrogar o uso do glifosato na UE até o ano 2025, agora teñen até o 30 de xuño para conseguir un consenso entre países que alongue a autorización deste pesticida en territorio comunitario, cousa difícil se pensamos que países como Francia, Alemaña ou Italia son claramente contrarios ao seu uso. Se non se acada ese consenso, a partir do 30 de xuño quedará prohibido o glifosato na UE. Por iso, para as organizacións e colectivos que formamos a Plataforma contra as Fumigacións, é de vital importancia conseguir un amplo número de apoios de concellos e deputacións, así como do propio Parlamento de Galicia, de cara a deixar patente diante das institucións comunitarias o forte rexeitamento que existe na cidadanía sobre este agroquímico ou outro calquera que implique riscos para a saúde das persoas ou a conservación do medio ambiente.

 

Herbicidas non. Envío de mensaxes á Xunta e deputacións.

herbicidas NON

Chéganos unha acción impulsada polo Comando Ghichas e outros colectivos.
É unha proposta que podedes apoiar e difundir pesoalmente e dende as vosas organizacións.
Tratáse do envío masivo de mensaxes.
Aquí tedes proposta de texto e as direccións para facelo:

texto:
Desexo expresarlle a miña preocupación polo uso estendido de herbicidas como medio para o roce e “limpeza”das estradas, rúas e camiños nos diferentes concellos da nosa comunidade, moitas destras estradas teñen competencia autonómica polo que a responsabilidade do seu mantemento é da Xunta de Galicia.
Estes produtos produtos prexudican a nosa saúde e ao medio ambiente, como xa está demostrado, o que fai que estean a ser cuestionados en moitos países, ademais de facilitar os incendios xa que a herba seca arde facilmente.
O glifosato, principal compoñente, é un herbicida total non selectivo que se filtra no solo, é moi soluble na auga contaminando a terra e os acuíferos (polo tanto regos e pozos) e afectando ademais ao ciclo natural dos ecosistemas. Recentemente a  Organización Mundial da Saúde incluíu como probables carcinóxenos a unha serie de pesticidas organofosfatados, entre eles o glifosato.
Entre os seus efectos adversos  describíronse: toxicidade subaguda e crónica, danos xenéticos, trastornos reprodutivos, aumento da frecuencia de anomalías espermáticas, e carcinoses. Ademais, cada preparado herbicida que contén glifosato vén acompañado doutras substancias que facilitan a súa absorción e que multiplican a súa toxicidade. 
Solicito que se deixen de aplicar estes produtos químicos na nosa comunidade, instando as administracións competentes a rexeitar o seu uso, que é facilmente substituíble polo rozado mecánico ou outras alternativas. O coidado da terra, da auga, do medio e da nosa saúde é responsabilidade tamén das institucións que nos gobernan. Atentamente:  Nome, apelidos……………………… ————————————————————————-
PARA A XUNTA

Enviar via e-mail a:
Secretaria presidencial: secretaria.presidente@xunta.gal
Medio Rural. Ángeles Vázquez Mejuto: secretaria.cmr@xunta.gal
Conselleira de Medio Ambiente: Beatriz Mato Otero: gabinete.mot@xunta.gal
Para enviar á xunta de Galicia presidencia: Entrar no enlace http://www.xunta.gal/a-presidencia/contacta-co-presidente e cubrir o formulario de queixas.

PARA AS DEPUTACIÓNS

Según a provincia na que estedes:
Deputación de Pontevedra- Formulario de queixas: http://www.depo.es/formulario
Deputación de Ourense -Formulario: http://www.depourense.es/index.php/o-presidente-responde?view=form
Deputación de Lugo Formulario: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=buzonContacto.jsp&language=gl&layout=p_20_contenedor1.jsp&codAdirecto=13&codResi1
Deputación de A Coruña
Deputado de lnfraestruturas Viarias, Vias e Obras provinciais e Medio Ambiente: José Manuel Pequeño Castro. josemanuel.pequeno@dacoruna.gal