A Plataforma contra as fumigacións e por un futuro sen praguicidas ten o pracer de convidarvos a unha xornada festivo-reivindicativa cadrando coa Festa do Queixo do día 3 de marzo en Arzúa.
Celebraremos que as abellas galegas se libraron do praguicida tóxico Cascade (flufenoxurón) grazas ao apoio de cen mil persoas concienciadas e o labor da nosa Plataforma. Pero como aínda quedan outros velenos que ameazan as as abellas e os nosos ecosistemas, temos que continuar a loita na súa defensa… na nosa defensa! E este acto servirá tamén para consolidar a Plataforma, coñecer a moitas das persoas que apoiastes a loita contra o flufenoxurón a través de Internet e analizar as outras loitas aínda precisas.
O Día da Abella #DiaDaAbella
Lugar:
Centro do Queixo e do mel. Feira Nova (Arzúa). [Ver ónde está no OpenStreet Map]
Programa de actividades
A partir das 10:00 h:
-
Degustacións.
Durante a xornada, haberá degustacións comentadas dos diferentes meles de Galicia, acompañados polo queixo de Arzúa. -
Obradoiro de candeas para nenos e nenas.
Teremos obradoiros de candeas de cera de abella nos que cada participante fará a súa propia candea e levará como recordo da visita ó Centro do Queixo e do Mel.
12:30-13:30 h: Voces polas abellas
- Discurso de Suso Asorei (Asociación Galega de Apicultores).
- Actuación musical de Mini e Mero.
- Intervencións literarias de Séchu Sende e Luz Fandiño.
Durante a xornada —que será aberta ao público— a nosa Plataforma tamén celebrará unha xuntanza de traballo (ás 11 h).
Agradecemos a difusión que deste acto poidades realizar tanto nas redes sociais de Internet como imprimindo e colocando o cartaz nos locais aos que teñades acceso.
Esperámosvos!