APDR marcha contra as celulosas

Un ano máis, a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) convoca a MARCHA CONTRA CELULOSAS; desta volta a data elexida é a do SÁBADO 2 DE XUÑO e sairá ás 19:30 horas das alamedas de Marín e Pontevedra.

Para a APDR este ano a Marcha faise máis necesaria que nunca, xa que tanto ENCE coma ELNOSA pretenden ficar en Lourizán máis alá do 2018, e tratan de conseguir unha prórroga de 30 anos que podería vir da man da modificación da Lei de Costas que pretende facer o PP, pero, ademais, ENCE é a responsábel das fumigacións que nos ocupan e preocupan a todos/as nós, como é responsábel tamén da introdución do gorgullo na Galiza.

Desde a Plataforma contra as fumigacións apoiamos a convocatoria da APDR e animámosvos a acudir á marcha.

Reproducimos o panfleto que a APDR publica de cara á marcha e que podes descargar aquí:

ENCE E ELNOSA NÉGANSE A MARCHAR DE LOURIZÁN…. BOTÉMOLOS XA! Sigue lendo

APDR responde ás declaracións de ENCE sobre as fumigacións

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) responde ás declaracións de ENCE publicadas no Diario de Pontevedra, o pasado 15 de maio, no que defendía as fumigacións:

Reproducimos nota de prensa ao completo, que tamén podes descargar aquí:

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) considera irresponsábeis e falsas ás declaracións vertidas por ENCE o derradeiro luns nas que defende as fumigacións aéreas masivas a nivel galego nas que segundo datos da empresa Fitoaragón S.L só na provincia de Pontevedra afectaría a 51 concellos.

Cando alude a legalidade do biocida “Cascade” esquece interesadamente que a Comisión Europea o derradeiro 9 de febreiro de 2012, tras varias disposicións anteriores nesa liña, prohibiu a comercialización do flufenoxurón, o principio activo deste biocida, a partir do 1 de agosto deste ano por ser TÓXICO, PERSISTENTE, BIOACUMULÁBEL E DE ELEVADO RISCO ACUÁTICO. Sigue lendo