Urxente: Paremos os praguicidas tamén en Europa!

Defendamos as abellas na UE!Mañá día 31 de xaneiro poden darse pasos decisivos na Unión Europea para prohibir os praguicidas de tipo neonicotinoide que se probaron moi daniños para as abellas. Despois da vitoria en Galiza contra o flufenoxurón, a guerra por salvarmos as abellas continúa en Europa. Participa de urxencia nestas dúas campañas online que queren erguer a voz da xente para que as autoridades europeas protexan definitivamente as abellas desta letal ameaza!

Grazas.

Entrevista na Radio Galega sobre as fumigacións e a campaña que logrou case cen mil apoios en Internet para impedilas

Unha vez que o Cascade ficou proibido e uns meses despois de que a Xunta finalmente accedera a desautorizar a súa masiva fumigación sobre centos de milleiros de hectares no noso país, a radio pública galega deu antonte mércores a voz esta loita dentro dunha entrevista acerca da plataforma Change.org que fora a utilizada para recoller as case cen mil sinaturas contra o delirante plan das papeleiras.

Aquí pódese escoitar a intervención de Casdeiro, promotor daquela recollida de sinaturas que precedera á creación da nosa Plataforma: