Aparecen camionetas fumigadoras polos montes de Mazaricos

Grazas ao diario dixital da Costa da More Que pasa na costa soubemos que se viron camionetas da empresa portuguesa Floresta Bem Coidada polos montes de Mazaricos armados con canóns fumigadores. Pode ser un novo indicio de que as fumigacións están a comezar dunha maneira máis discreta ca prevista inicialmente dos helicópteros.

Agradecemos a este medio a súa achega deste documento gráfico e a difusión do problema das fumigacións que veñen realizando. Lembramos que aínda que Mazaricos non é un dos concellos que aparecen nos plans de fumigación que foron filtrados, estes sabemos que se quedan curtos desde o principio, xa que temos a proba de que por exemplo Melide non está neles pero aínda así foi un dos primeiros concellos onde se comezaron solicitar as autorizacións aos propietarios para realizar as fumigacións aéreas.

Furgonetas fumigadoras portuguesas en Mazaricos

Pretenden fumigar na Costa da Morte cun produto químico tóxico

Noticia aparecida no web ANosaCosta.es o día 11/05/2012:

Pretenden fumigar a comarca cun produto químico tóxico

Varias entidades advirten da toxicidade e dos efectos nocivos que terá a acción.

Co obxetivo de combater a praga no goníptero nos eucaliptais, ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón) pretende impulsar unha campaña de fumigacións en distintos puntos de Galicia.

A polémica xurde pola prevista utilización do flufenoxurón, unha sustancia tóxica e que quedará prohibida desde o vindeiro mes de agosto en toda a Unión Europea. Este dato puxo en alerta a diversos colectivos que se agruparon entorno a plataforma fumigacionsnon.org, e que piden que non se leven a cabo estas fumigacións aéreas masivas polos efectos para o medio ambiente.

Equo presentou unha denuncia ante a UE contra o goberno español, a Xunta e o concello de Melide pola publicidade e a permisividade neste asunto. Desde o partido que dirixe López de Uralde advirten que o produto en cuestión terá serios “efectos nocivos” para a flora, o solo, a saúde humana e a fauna, e especialmente, para as colonias de abellas.

Desde Verdegaia acusan a Xunta de “connivencia”, e desde Adega pensan que “A Xunta podería estar sendo cómplice, dun delicto contra a saúde das persoas eo medio ambiente”.Tamén sindicatos como o Sindicato Labrego Galego e colectivos como a asociación de apicultores de Galicia presentaron unha denuncia na Fiscalía de Medio Ambiente.

Algún lector púxose en contacto con Anosacosta denunciando está situación, e efectivamente segundo a documentación difundida por Adega, Santa Comba, Zas, Vimianzo, Dumbría, Cee, Fisterra, Corcubión, Ponteceso e Cabana están no mapa de fumigacións.

A nova, noutra versión lixeiramente diferente, apareceu tamén no web ANosaGalicia.es.