Se o Concello de Melide o primeiro en avisar con bandos e a través da súa páxina web a veciños e veciñas para que autorizaran as fumigacións aéreas con Cascade agora é o Concello de Ribadeo o primeiro en facer o contrario: recomenda á veciñanza que non fumiguen.
Desde a Plataforma aplaudimos a iniciativa deste concello e esperemos que a partir de agora sexan moitos os que se manifesten en contra das fumigacións.
Achegamos unha copia das declaracións colgadas no web do Concello de Ribadeo:
O FLUFENOXURÓN É MOI PERIGOSO PARA A VIDA ACUÁTICA
Coidado coas fumigacións dos montes
31/05/2012O alcalde, Fernando Suárez, ven de asinar un bando informativo dirixido a todos os posuidores de montes que precisen levar a cabo labores de fumigación para que non utilicen o flufenoxurón, dadas as fatais consecuencias que o seu uso pode xerar para o medio ambiente e para a saúde das persoas. Trátase dun principio activo de varios insecticidas que ata o de agora se empregaba para loitar contra as pragas de gurgullo.
O edil nacionalista Horacio Cupeiro explicou que “este asunto se abordou no encontro que mantivemos o pasado venres. O flufenoxurón estáse a utilizar para as fumigacións nos eucaliptos contra o gurgullo. A xuntanza foi moi entretenida, había veterinarios, enxeñeiros agrícolas, todos especialmente preocupados polo que está a suceder. Todos sabemos que a Xunta está a ofrecer fumigar gratuitamente os montes e os propietarios poden darlles autorización para que así o fagan”. Horacio Cupeiro dixo que “o regulamento de execución 942/2011 da Unión Europea determinou a non aprobación desta substancia activa, o flufenoxurón, o que supón na práctica e en resumo que os bioidas que a conteñan quedarán sen autorización a partires do 1 de agosto de 2012”. Sigue lendo