O pesticida que pretenden fumigar sobre os eucaliptos, aumentaría o risco de incendio forestal

Segundo a información que nos fixo chegar un enxeñeiro forestal…

Incendio forestalO pesticida ten que manterse nas follas (pois unha simple xiada ou a choiva o limparía) polo que ademáis do principio activo, neste caso o xa famoso flufenoxurón, hai que engadirlle unha substancia que actúe como axente fixador.

O simpático do asunto e que en moitos casos dito axente fixador e a parafina ou algún derivado.

Efectivamente, tal e como estades pensando… como si fose unha veliña.

Polo tanto temos a mecha que sería a folla do eucalipto e a parafina exterior que dilata o tempo de ignición e aumenta exponencialmente a temperatura. A conclusión final e que, a maiores das contaminacións diversas, as fumigacións poden ter o efecto colateral tamén de incrementar o xa de por si moi alto índice pirófito dos eucaliptais. Dito doutro xeito, incrementarían a súa perigosidade ante un eventual incendio, cousa por certo moi frecuente.

Lembramos que a propia folla de seguridade do produto Cascade indica que é combustible.