Recuperamos esta nova aparecida nun xornal da Mariña a finais de abril onde se reproduce unha carta enviada desde a Plataforma aos alcaldes e alcaldesas da comarca da Mariña:
Benqueridos alcaldes,
Ao parecer a asociación de produtores de papel e cartón ASPAPEL, co coñecemento da Consellería de Medio Rural e do Mar, está a ofrecer ás comunidades de montes e a propietarios particulares da nosa comarca fumigacións aéreas gratuítas co insecticida CASCADE, da casa BASF, a base de flufenoxuron.
As asociacións constituíntes da Plataforma Contra as Fumigacións na Mariña solicitamos a súa intevención para paralizar estas accións que coidamos moi perigosas, especialmente no noso pais, onde a dispersión da poboación fai que en case calquera lugar poida haber casas ou persoas. Sigue lendo