Desde a Plataforma contras as fumigacións queremos informar a todos os concellos e queremos tamén que se posicionen en defensa dos seus veciños e veciñas, prantándolle cara á patronal do papel e á Xunta de Galicia.
Queremos extender a todos os concellos galegos unha proposta que xa tivo éxito nalgúns concellos coma Ribadeo, Oleiros, Narón ou Vilaboa, que se posicionan contra as fumigacións, na defensa da seguridade da súa comunidade, do seu medio e por unha política forestal máis respectuosa e sustentable.
A nosa acción require da vosa colaboración para entregar en todos os concellos, de xeito coordinado, unha moción para que sexa debatida no próximo pleno do voso concello, en contra das fumigacións con Cascade.
Trátase de entregar dous documentos, que poñemos á vosa disposición, no rexistro do voso concello, á atención da alcaldía do mesmo, e procurar facer un seguimento do que se discuta no pleno.
Resultados das mocións presentadas
cargando mapa - por favor, espere...
Os documentos
A Moción: Este documento contén unha exposición da problemática das fumigacións con flufenoxurón e unha explicacións dos motivos polos que nos posicionamos en contra dos mesmos. Finalmente insta ao concello a facer unha declaración institucional onde adopta os seguintes acordos:
- Non permitir as fumigacións aéreas con Cascade no seu término municipal
- Instar á Xunta a que non autorice as fumigacións
- Fomentar unha xestión forestal sostible
Os diferentes grupos políticos deben ser informados desta moción e por iniciativa dalgún deles podería ser discutida no pleno. Por isto é importante que, se podedes contactar con representantes dalgún partido político con representación no pleno lles informedes desta campaña, solicitando o seu apoio á moción.
Manual: como entregar a moción no teu concello
- Descarga os modelos de instancia e moción
- Cubre os datos da instancia e da moción cos teus datos e cos do teu concello e imprime os documentos
- Diríxete ao teu concello e fai entrega, no rexistro, dos dous documentos: instancia + moción
- Consulta e toma nota da data de celebración do próximo pleno
- Pregunta como podes informarte do resultado do próximo pleno
- Contacta cos grupos políticos e busca o compromiso dalgún deles para propoñer e apoiar a moción
- Informa a través da web da Plataforma da entrega da documentación (podes facelo con un comentario nesta entrada)
Planificación da acción
Até o día 20 de xullo buscaranse voluntarios e voluntarias que queiran colaborar entregando mocións nos seus concellos ou nos das súas proximidades. Na seguinte semana, a partir do día 23, realizarase a entrega das mocións.
Documentos
Narón di NON ás fumigacións
Outro concello ven de sumarse á lista dos concellos que rexeitan as fumigacións. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, dirixiuse ás consellerías de Medio Rural e de Sanidade instando á paralización das campañas de fumigacións, facendo fincapé na toxicidade do produto para os insectos polinizadores e á introdución do pesticida na cadea alimentaria.
Podes ler a nova na Voz:
Narón solicita a la Xunta la paralización de la fumigación de eucaliptos
El alcalde alerta a Medio Rural y Sanidade de los riegos para la «salud pública»
El alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ha instado a la Xunta a la paralización de las campañas de fumigación sobre los montes de eucalipto por los «riesgos» que supone para la «salud pública». Sigue lendo