Únete á tractorada virtual da RA! e do SLG

Como xa anunciabamos hai uns días, a Rede Anticapitalista galega vaise sumar á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias. Os que queiran sumarse á tractorada abondará con pegaren o seguinte código nas súas páxinas (xusto antes da etiqueta </BODY>, ao final da páxina) despois das 00:00 h do mércores 17 de Xuño.

Entre as diversas accións que poñeremos en marcha desde a RA estará a realización dunha tractorada virtual, unha maneira ciberactivista de trasladarmos a Internet o efecto da ocupación do espazo público polos tractores. Consistirá en levar a presenza dun tractor a todas as páxinas das entidades que forman a RA e mais ás de todos os internautas galegos que apoien a convocatoria dos nosos agricultores e gandeiros, de tal xeito que o día 17 haxa tractores enchendo non soamente as estradas do país senón tamén as estradas da información, facendo que todo internauta que ese día visite as páxinas que se unan á tractorada tamén se tope cos tractores.

Os que queiran sumarse á tractorada abondará con pegaren o seguinte código nas súas páxinas (xusto antes da etiqueta </BODY>, ao final da páxina) despois das 00:00 h do mércores 17 de Xuño:

<!-- Comeza código TRACTORADA que copiares -->
<script language="JavaScript">
var obx = null;
function movete() {
if (parseInt(obx.style.left) > document.body.clientWidth) {
obx.style.left = '-700px'
} else {
obx.style.left = parseInt(obx.style.left) +4+'px';
}
setTimeout(movete,50);
}
function init() {
obx = document.getElementById('tractor');
obx.style.left = '-700px';
obx.style.top = '200px';
movete(); // start animating
}
window.onload = init;
</script>
<div id="tractor" style="position:absolute;left:-324;top:200;z-index:2">
<a href="http://www.sindicatolabrego.com/" target="_blank" title="TRACTORADA en defensa do PREZO do LEITE!!!! Fai click para co&ntilde;ecer a loita dos nosos gandeiros!!">
<img src="/tractor-tractorada.gif" border="0" /></a>
</div>
<!-- Remata código que copiar -->

Enchamos de tractores a WWW galega o día 17!!

Únete á tractorada virtual!!!

47 comentarios

  1. admin

    Agradeceríamos que publicásedes aquí un comentario avisándonos das páxinas onde ides poñendo a TRACTORADA VIRTUAL. Grazas, compañeiras/os!!

    Enviado o 16/06/2009 ás 7:11 a.m. | Permalink
  2. cerrar la etiqueta img para que cumpla con xhtml

    Enviado o 16/06/2009 ás 11:55 a.m. | Permalink
  3. admin
    Enviado o 16/06/2009 ás 11:58 a.m. | Permalink
  4. admin

    Moitas grazas, FPuga, polo aviso, xa está modificado o código. Aínda que coido que o BORDER tampouco é moi axeitado ao XHTML, ou?

    Enviado o 16/06/2009 ás 12:02 p.m. | Permalink
  5. Él código tiene algo mal. Lo he probado en http://galicia.isf.es y no se mueve.

    En blogger si lo pones antes de /body queda al final de todo de la página y tampoco se mueve hay que meterlo después del div id=content

    Enviado o 16/06/2009 ás 12:05 p.m. | Permalink
  6. admin

    Vaia, FPuga, pois non che sei… Como ves noutras páxinas sae ben e non dá erro de Javascript. Se cadra está interferindo con algún outro código que tedes no voso web, con algún outro script.

    Nese caso recomendo insertar simplemente a imaxe coa ligazón no lugar da páxina vos cadre mellor, pero iso si, non se ha desprazar por pantalla:


    <a href="http://www.sindicatolabrego.com/" target="_blank" title="TRACTORADA en defensa do PREZO do LEITE!!!! Fai click para co&ntilde;ecer a loita dos nosos gandeiros!!">
    <img src="http://www.redeanticapitalista.org/tractor-tractorada.gif" border="0" /></a>

    Enviado o 16/06/2009 ás 12:24 p.m. | Permalink
  7. vale ya está.

    os equivocasteis al copiar y pegar, me parece, el código que teneis aquí escrito está mal. Hay que corregir esta función

    if (parseInt(obx.style.left) > document.body.clientWidth) {
    obx.style.left = ‘-700px’
    } else {
    obx.style.left = parseInt(obx.style.left)+4+’px';
    }

    Enviado o 16/06/2009 ás 12:37 p.m. | Permalink
  8. admin

    Grazas, ho! Agora mesmo o corrixo. Xa vexo o tractor móvendose polo portal de Enxenería Sen Fronteiras!

    Enviado o 16/06/2009 ás 12:57 p.m. | Permalink
  9. boas tardes a tod@s

    despois de loitar duramente co PHP, a tractorada virtual xa está percorrendo a web do Sindicato Labrego Galego dende as 18:00 da tarde.

    Coma din noutros comentarios, o código non está ben de todo, o tractor non se move, faltan algunhas comillas.

    un saúdo e moitas gracias pola vosa idea e o voso traballo.

    Enviado o 16/06/2009 ás 8:15 p.m. | Permalink
  10. http://www.redesescarlata.org
    Xa temos o tractor na web.

    Enviado o 16/06/2009 ás 9:39 p.m. | Permalink
  11. admin

    Grazas a vós, compañeiros do SLG, que sodes os que organizastes a mobilización principal, que é a que vai traer aos nodos de mobilización tantos tractores “dos de verdade” ;-D

    Sinto que haxa aínda algo que non vai no código. Se atopastes onde faltan esas comiñas, por favor avisádenos para modificalo. Grazas.

    E dado que vós xa puxestes os tractores a rolar pola Rede… pois consideramos dado o pistoletazo de saída… poñamos logo os tractores a percorrer as infoestradas galegas!!!

    Enviado o 16/06/2009 ás 9:39 p.m. | Permalink
  12. admin

    Detectei que nalgúns casos, poñer o código entre o e o pode funcionar tamén. Probade así se vos dá problemas poñéndoo antes do .

    Enviado o 16/06/2009 ás 9:53 p.m. | Permalink
  13. Eu póñoo hoxe, porque maña non hei ter tempo… de todos os xeitos, teño poucos coñecementos informáticos e non dei visto onde teño que poñelo para que se mova por todo o blogue, así que colei aimaxe nunha nova entrada ;)

    Avante coa loita labrega!!

    Enviado o 16/06/2009 ás 9:55 p.m. | Permalink
  14. admin

    Instrucións para MagnumMare e outros blogueiros: se usades Blogaliza ou algún outro baseado en WordPress, abonda con irdes a editar o deseño (ou estilo). Alí veredes unha sección onde se pode editar o código dos diversos arquivos que compoñen o estilo (ou theme) do voso blog. Ben, pois o normal é que teñades un chamado “pe” ou “footer” ou algo así, ao final do cal veredes unhas etiquetas . Pois é xusto antes delas onde tedes que insertar o código. Eu fixen a proba en varios “themes” e non deu ningún problema.

    En blogs onde non poidades tocar o código podedes probar a insertar algún “widget” ou bloque de código nun lateral, onde podedes insertar o código enriba indicado. Sorte!!!

    Enviado o 16/06/2009 ás 10:04 p.m. | Permalink
  15. Xa o teño posto tamén no meu wiki persoal, no blog Patada al Diccionario e mais no blog de Véspera de Nada.

    Enviado o 16/06/2009 ás 10:08 p.m. | Permalink
  16. Tamén vimos de engadir o tractor na Rede Social da “Sementeira”.

    Enviado o 16/06/2009 ás 10:25 p.m. | Permalink
  17. O meu trator xa está en marcha. Imos!

    Enviado o 16/06/2009 ás 10:26 p.m. | Permalink
  18. Avante coa luita labrega.
    http://colheafouce.blogspot.com/

    Enviado o 16/06/2009 ás 11:56 p.m. | Permalink
  19. o tractor xa percorre tamén o AugasCeives!!!

    Un saúdo e adiante!

    Enviado o 17/06/2009 ás 12:28 a.m. | Permalink
  20. Xose Crespo

    Esta ben a idea esta de colaborar e loitar a prol do noso agro, pero compre lembrar que o dia da tratorada todolos labregos que asistan farano despois de enviar dilixentemente o seu leite as fabricas, de seguro que nengun collera o trator antes de que chege a cuba.

    Cando calquer sector vai a folga (pensese no metal) comprometese de feito e de facto, defendendo as susas ideas e peticions a sabendas que ese dia de traballo esta perdido, que non o vai cobrar e a final de mes se reflectira na sua nomina.

    Adiante coa defensa do agro, serei o primeiro en sair co trator por suposto, pero o leite que produzan as miñas vacas o dia 17 correra polo eido abaixo voltando a terra pra facer medrar os verdes do meu pais, non pra darlle risa as industrias.

    DIfundideo ou borradeo ou facede o que queirades, pero hai que deixar a hipocresia xa. Non mais leite galego para abastecer o mercado mentres non se cumplan os minimos esixidos, veredes o que pasa.

    Enviado o 17/06/2009 ás 12:37 a.m. | Permalink
  21. No meu xa está, aínda que como é un blog non queda moi alá

    Enviado o 17/06/2009 ás 7:22 a.m. | Permalink
  22. nós tamén apoiamos a tractorada virtual

    http://www.blogteca.com/nasa

    Enviado o 17/06/2009 ás 7:56 a.m. | Permalink
  23. Enviado o 17/06/2009 ás 9:53 a.m. | Permalink
  24. nautile

    Está na tractorada também a Plataforma Galega Antitransxénicos: http://www.galizasentransxenicos.org/

    Enviado o 17/06/2009 ás 10:04 a.m. | Permalink
  25. Já há tractores em:
    página pessoal da UDC: http://www.udc.es/dep/lx/cac
    Versão Original: http://www.udc.es/dep/lx/cac/vo
    Çopyright: http://www.udc.es/dep/lx/cac/sopirrait

    Enviado o 17/06/2009 ás 10:17 a.m. | Permalink
  26. marcheira

    a Marcha Mundial tamén adire

    Enviado o 17/06/2009 ás 10:37 a.m. | Permalink
  27. Alumnos cercedenses

    Xa está en marcha o tractor en http://www.blogoteca.com/moitoconto/

    Enviado o 17/06/2009 ás 10:47 a.m. | Permalink
  28. Tractorada virtual en marcha, http://www.mandacarallo.net

    Enviado o 17/06/2009 ás 10:59 a.m. | Permalink
  29. O tractor xa carbura na Randulfe

    Enviado o 17/06/2009 ás 11:15 a.m. | Permalink
  30. Como nom podia ser doutro modo a plataforma cidadá “Sei O Que Nos Figestes… Nos Últimos 525 Anos” (http://seioque.com/) une-se à tractorada virtual na defesa d@s labreg@s galeg@s! Com tratorada na rua, o leite continua!!!

    Enviado o 17/06/2009 ás 11:21 a.m. | Permalink
  31. O tractor xa está navegando por:

    http://insurxente.blogspot.com/

    http://masacriticalugo.blogspot.com/

    APERTAS!

    Enviado o 17/06/2009 ás 11:24 a.m. | Permalink
  32. Síntoo pero lin o correo moi tarde e non puiden polo antes, agora xa está posto nun dos meus blogues

    Enviado o 17/06/2009 ás 12:48 p.m. | Permalink
  33. A cooperativa Zocaminhoca tamén coa loita labrega. Avante!

    Enviado o 17/06/2009 ás 1:37 p.m. | Permalink
  34. Aínda que tarde, o noso blog da biblioteca únese á tratorada virtual.

    http://bibliotecamrivero.blogspot.com/

    Enviado o 17/06/2009 ás 4:09 p.m. | Permalink
  35. Tamén o temos no portal da Asociación Cultural Amigos da Ribeira Sacra.

    Enviado o 17/06/2009 ás 4:22 p.m. | Permalink
  36. O tractor xa vai rodando paseniño polo blogue A torre da derrotA (http://ceibarse.blogspot.com)

    Enviado o 17/06/2009 ás 4:59 p.m. | Permalink
  37. Tamén me uno á iniciativa. O meu tractor xa está en marcha
    http://disfrutadavida.blogspot.com/

    Enviado o 17/06/2009 ás 8:38 p.m. | Permalink
  38. Ai, non me coma o Demo… e non esquecera poñer o tractoriño nestoutro blog meu?! http://www.casdeiro.info/textos/ Ai como teño a cabeciña… Ben, aínda que sexa a última hora non quería deixar de sumalo. Sinto o despiste!

    Enviado o 17/06/2009 ás 9:38 p.m. | Permalink
  39. Está no Blog do Colectivo Ártabra 21:
    http://artabra21.blogspot.com/

    Por un prezo xusto para o leite !
    Adiante a Loita Labrega !

    Enviado o 17/06/2009 ás 9:57 p.m. | Permalink
  40. As vossas rodas, as veas do nosso país; as vossas mans, o nosso sustento; as vossas vozes, o eco antergo do ventre da Galiza. Adiante a loita labrega!

    Enviado o 17/06/2009 ás 10:26 p.m. | Permalink
  41. Publicado en Trasancos, mirando mundo.
    http://www.trasancos.blogsopt.com

    Enviado o 18/06/2009 ás 4:24 p.m. | Permalink
  42. admin

    Queremos deixar constancia tras este segundo día en que prorrogamos a tractorada, dalgunhas mensaxes doutra xente que nos informou por email dos webs que sumaron á protesta. Estes foron:
    http://www.kikebenlloch.com/
    http://www.abrence.galeon.com/
    http://boards5.melodysoft.com/app?ID=Abrence&msg=3948

    Lamentablemente tamén tivemos mensaxes de xente como a Casa Rural e de produtos ecolóxicos Pousadoira, de Miño, que querían sumarse pero non tiñan maneira de modificar o código dos seus webs. Grazas igualmente, compañeiras!

    Enviado o 18/06/2009 ás 10:09 p.m. | Permalink
  43. O tractor xa anda a furular por http://otraveseiro.blogaliza.org/ A putada é que me vai polo medio do blogue, e non polo pé, mais éche igual.

    Enviado o 20/06/2009 ás 3:51 p.m. | Permalink
  44. admin

    Traveseiro, un pouco tarde andas ti ;-) A tractorada xa rematou, era unha acción puntual. E non se supoña que tiña que andar polo pé, senón pola parte de enriba. Onde poñas o código non ten por que ver con onde che saia a imaxe, xa que ten posicionamento absoluto.

    Enviado o 20/06/2009 ás 6:35 p.m. | Permalink
  45. E que son de efectos retardados!

    Enviado o 21/06/2009 ás 5:52 p.m. | Permalink
  46. Veño de ver que mesmo un Concello, o de Vilasantar, se uniu á nosa tractorada e que aínda teñen o tractor! http://www.vilasantar.com/

    Enviado o 22/06/2009 ás 6:20 p.m. | Permalink
  47. Sumámonos dende o Club de Piraguismo Altruán, á tractorada virtual

    http://www.altruan.com

    Enviado o 15/07/2009 ás 9:03 p.m. | Permalink

2 Trackbacks

  1. Por chuza.org o 16/06/2009 ás 8:54 a.m.

    Tractorada virtual da Ra! en apoio á do SLG…

    A Ra! (Rede Anticapitalista) apoia a tractorada convocada para 17 de Junho polo SLG e fai-no levando a tractorada tamém às estradas da informaçom. Um tractor atravesará todos aqueles sítios que incorporem o código achegado pola Ra!…

  2. […] blog, unhas páxinas persoais onde poder insertar durante eses días o código HTML que atoparás na páxina de primeira convocatoria. This entry was written by admin, posted on 13 Xullo 2009 at 7:27 am, filed under Accións, […]

Envía un comentario

O teu e-mail nunca será publicado nin divulgado. Os campos requeridos están marcados con *

*
*