Mil tractores reais e centos virtuais

Máis dun cento de webs galegas e algunhas de fóra das nosas fronteiras, entre portais, blogs e redes sociais cibernéticas, uníronse á tractorada virtual convocada pola rede Anticapitalista RA! en apoio á acción homónima, esta real e ben visíbel, que levou mil tractores polas rúas galegas pola dignidade labrega.A RA! quere dar os parabén, sobre todo, ao Sindicatio Labrego Galego, por ter sacado a miles de tractores as rúas do país nun intre no que algúns sectores teñen abandoado a mobilización como ferramenta de transformación. Vai ser certo que os labregos e labregas ademais de producir o que alimenta os nosos corpos tamen alimentan o noso espiritu Ra-volucionario.

A RA! tamén quere denunciar que, a diferencia de hai 10 anos, onde os tres grupos existentes daquela na oposición fixeron acto de presenza con cargos institucionais respaldando as tractoradas, desta vez ningún partido da oposición fixo acto de presenza. Un motivo máis para reforzar a RA como instrumento estratéxico de loita.

As vindeiras accións da Ra! Terán que ver cos dereitos das persoas migrantes e contra o G8.

INICIATIVA APOIO AS PERSOAS INMIGRANTES – MANIFESTACIÓN 27 XUÑO
Estase a producir, conicidindo coa crise, un retroceso nos dereitos das persoas inmigrantes (claro exemplo diso é a construcción da Europa fortaleza e o tratado da vergoña).
No estado o anteproxecto da reforma de lei de estranxeira supón un ataque aos dereitos humanos e persigue dificultar á vida as persoas migrantes.
A RA!, e os colectivos e as persoas que a conforman, imos a asinar o manifesto elaborado polo Foro da Inmigración aprobado na recen celebrada ASEMBLEA GALEGA DE MIGRANTES E EMIGRATES RETORNADOS contra dito anteproxecto. Asemade, imos participar e apoiar a manifestación que en favor dos dereitos dos inmigrantes vaise a celebrar en Compostela o sábado 27 de xuño á partir das 12,00 horas en Compostela.

MOBILIZACIÓN CONTRA O CUMIO DO G-8 – XOVES 9 DE XULLO
A RA! organizará ACTOS RA-VOLUCIONARIOS o próximo xoves 9 de xullo ás 20,00 horas, cando menos en A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, coincidindo co vindeiro cumio do G-8. Ditos actos serán concentracións de protesta pero que teñan un toque orixinal (performace ou outra actividade chamativa). Non imos permitir que refunden o Capitalismo, melloren os seus beneficios e pisen os nosos dereitos.

Algunhas webs cos tractores da Ra!:

http://www.sindicatolabrego.com/

http://www.encontroirmandinho.org/

http://www.verdegaia.org/

http://www.adega.info/

http://www.altermundo.org/

http://www.amaranteong.org/

http://galicia.isf.es/

http://panxea.org/panxeablog/

http://vesperadenada.org/

http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=55011

http://www.blogoteca.com/nasa/index.php?cod=64999

http://underibeira.blogspot.com/

http://cuartos.blogaliza.org/

http://onaranxo.org/?p=2371

http://masoucos.com/

http://arceibe.blogspot.com/

http://www.moendo.net/

http://eirado.org/

http://www.redesescarlata.org/

http://masacriticalugo.blogspot.com/

http://insurxente.blogspot.com/

http://seioque.com/

http://randulfe-parrillada-randulfe.blogspot.com/

http://www.mandacarallo.net/

http://www.feminismo.info/webgalego/

http://www.udc.es/dep/lx/cac/sopirrait

http://www.udc.es/dep/lx/cac/vo

http://www.udc.es/dep/lx/cac

http://www.galizasentransxenicos.org/

http://pueblosenlucha.blogspot.com

http://www.blogoteca.com/moitoconto/

http://www.blogteca.com/nasa

http://colheafouce.blogspot.com/

http://sementeira.org/

http://www.casdeiro.info/patada

http://www.codigocero.com/Convocan-unha-tractorada-virtual

http://chuza.org/historia/tractorada-virtual-da-ra-en-apoio-a-do-slg/

Podes ollar máis ligazóns nos comentarios desta nova

Envía un comentario

O teu e-mail nunca será publicado nin divulgado. Os campos requeridos están marcados con *

*
*