Honduras: A Ra! esixe a volta do presidente Zelaya e un posicionamento claro das institucións galegas e mundiais

Galiza 29/07/2009-. Co obxectivo de profundar a democracia e lograr unha maior participación democrática, desde hai algúns meses as organizacións sociais de Honduras, xunto ao Presidente Manuel Zelaya Rosales, promoveron realizar unha enquisa para o este 28 de Xuño do 2009. Con gran sorpresa ese mesmo día ás 05:00 am, as forzas armadas executaron un Golpe de estado e secuestraron ao Presidente Zelaya, truncando así as aspiracións democráticas da poboación que se preparaba para realizar a enquisa popular.Ao coñecerse a nova as organizacións sociais de Honduras, incluíndo ás da Vía Campesina, saíron ás rúas a repudiar este feito e esixir o regreso do Presidente Zelaya ás súas funcións que a lei lle outorgou.

Compartimos a valoración que fai a Via Campesina de que estes feitos son accións desesperadas da oligarquía nacional e a dereita por preservar os seus intereses do capital e en especial o das grandes empresas transnacionais, polo que fai uso da forza militar e das institucións do país como o Parlamento, ministerios, prensa neoliberal e outros.

  1. Dende a RA! sumamonos as demandas feitas pola Vía Campesina, que son:
  2. Reestablecemiento da orde constitucional, sen derramamento de sangue.
  3. Chamamos ao Exercito que non reprima á poboación de Honduras que esixe o retorno da democracia.
  4. Que se respecte a integridade física dos dirixentes sociais, incluíndo a Rafael Alegría, dirixente internacional da Vía Campesina.
  5. Esiximos o retorno do Presidente Zelaya ás súas funcións en Honduras.
  6. Que as autoridades garantan en pleno exercicio democrático da consulta popular, enquisa a calquera forma de expresión libre.

A reacción na Galiza:

O posicionamento da sociedade galega ten que ser claro e rotundo, esixindo a restauración democrática co presidente eleito Manuel Zelaya, así como presionar aos estamentos institucionais, Xunta de Galiza, Consulado honorífico Hondureño n´A Coruña, Ministerio de Exteriores do Reino de España, Governo do Reino de España; en que se tomen as medidas de presión necesarias.

Do mesmo xeito, a Ra! colaborará nas vindeiras horas coa necesaria presión internacional concentrándose diante do consulado honorífico de Honduras na Coruña, cuestión da que informaremos máis endiante.

Para enviar protestas ao Consulado: Consulado na Coruña: Marco Criado López C/Monforte Nº 11 5 Derecha. Tel: 981 235 877 mcriado@icacor.es

Un comentario

  1. Venezuela

    ASÍ SERÁ LA TRAMPA ELECTORAL DE CHÁVEZ, que a Zelaya, que prácticamente lo quieren solo tarifados y muy pocos ingenuos en Honduras, ni siquiera su propio partido, y Chávez con su milagroso material electoral, lo iba a poner a ganar. Las autoridades Hondureñas deberían investigar cuidadosamente ese material electoral enviado por Chávez, contenido en los aviones venezolanos, y los documentos confidenciales de Zelaya. Para desentrañar de una vez la cómplice, mediática y falsa democracia de Venezuela, EEUU, la OEA, UE y ONU y su delatadora e inaudita unanimidad actual; todos sus presidentes de derecha e izquierda son verdaderamente un bloque, títeres y sumisos, solo a los intereses de las corporaciones mundiales y a la instauración del caos en sus propios países, en nombre de un supuesto polo político. Conspiración confesada por el presidente Kennedy, días antes de que el chofer de su limosina o la propia CIA lo ajusticiara por declarar que iba a develar este complot al mundo; confabulación que tiene como propósito destruir todos los aparatos productivos nacionales americanos, para que a través de una ruina total, como sucedió en las guerras mundiales, “las benévolas” corporaciones “ayuden” a toda la América, apropiándose de todos sus bienes colapsados y den paso a su mercado monopolista o nuevo orden mundial en América, como casi es ahora en Europa. ARRIBA HONDURAS!!!!! Y que se nombre el 28 de junio: DÍA MUNDIAL DE LA CONSTITUCIÓN.

    Enviado o 02/07/2009 ás 3:03 p.m. | Permalink

One Trackback

  1. Por chuza.org o 01/07/2009 ás 2:09 p.m.

    A Ra! esixe a volta do presidente Zelaya e un posicionamento claro das institucións galegas e mundiais…

    Co obxectivo de profundar a democracia e lograr unha maior participación democrática, desde hai algúns meses as organizacións sociais de Honduras, xunto ao Presidente Manuel Zelaya Rosales, promoveron realizar unha enquisa para o este 28 de Xuño d…

Envía un comentario

O teu e-mail nunca será publicado nin divulgado. Os campos requeridos están marcados con *

*
*