A Ra! solidarízase coa poboación hondureña diante do consulado

Concentración no Consulado de Honduras na CoruñaCompostela 02/06/09. Ás  20,30 horas de onte mércores, día 1 de xullo, organizacións da Rede Anticapitalista galega (RA!) deron conta dunha concentración simbólica, dunha hora de duración,  diante do consulado honorífico de Honduras, na cidade da Coruña. Envía mensaxes de repudio aos golpistas hondureños!!!Mediante esta acción a RA! amosou o seu apoio á poboación hondureña, que arestora atópase nas rúas reivindicando a volta do presidente Zelaya en aras de restablecer o proceso consultivo ao respeito da consulta ou non, nos vindeiros comicios, da creación dunha futura asemblea constituínte (un organismo colexiado, formado por representantes do pobo, que tería como función reformar ou redactar a Constitución).

Dende a Rede Anticapitalista queremos convidar á sociedade galega a solidarizarse coas organizacións agrarias, centrais obreiras, feministas, sindicalistas, organizacións maxisteriais, estudantes, enfermeiras e outros sectores populares do país que conforman a Fronte de Resistencia Popular de Honduras, creada tras o golpe de estado de Roberto Micheletti.

Dende a RA! Asumimos que os movementos sociais que están apoiando ao presidente Zelaya non o fan porque estean de acordo cos preceptos do seu partido (en Honduras pouco máis dunha ducia de familias concentran o poder económico e político), senón porque mediante as protestas que se están a acontecer en Honduras a poboación está a amosar o seu rexeitamento cara o actual modelo económico neoliberal, o substentado por  oligarquías e multinacionais,  e  que non permite aos pobos a liberdade de decidir as súas propias políticas de desenvolvemento. Para acadar un mínimo de participación cidadá en Honduras, a día de hoxe, precisa cambios sociais.

Dende o punto de vista dos hondureños e hondureñas que se están a manifestar baixo unha fortísima represión militar dende o pasado 30 de xuño, a proposta de Zelaya supoñía “abrir esta fenda para que os pobos academos a nosa emancipación (1) ”.

(1) Wendy Cruz, dirixente labrega da Vía Campesina en Honduras

VINDEIRAS CONVOCATORIAS DA REDE ANTICAPITALISTA EN SOLIDARIEDADE COS MOVEMENTOS SOCIAIS DE HONDURAS:

A CORUÑA. Venres 3 de xullo. 20.00hrs. OBELISCO
OURENSE (axiña informaremos)

O TEXTO ARRIBA ESCRITO PODÉDELO ENVIAR AOS ENDEREZOS ELECTRÓNICOS DA EMBAIXADA HONDUREÑA EN ESPAÑA, E AO DO XENERAL GOLPISTA ROBERTO MICHELETTI

TEMOS QUE ENCHER AS SÚAS CAIXAS DE CORREO DE REPUDIO!!!
EMBAIXADA HONDUREÑA EN ESPAÑA
info@embahonduras.es
GOVERNO GOLPISTA HONDUREÑO
robertomicheletti@congreso.gob.hn

Concentración no Consulado de Honduras na Coruña

Envía un comentario

O teu e-mail nunca será publicado nin divulgado. Os campos requeridos están marcados con *

*
*