Onte a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, deu conta en rolda de prensa en Santiago das accións reivindicativas que terán lugar hoxe venres 20 en toda Galiza. Ditas mobilizacións a prol da modificación das actuais políticas agrarias, en demanda de prezos mínimos e regulación das marxes comerciais, enmárcanse na convocatoria que será secundada en todo o Estado español e que fará cumio o vindeiro sábado 21 cunha grande manifestación multisectorial en Madrid .
Máis información no web do SLG
