Como xa anunciabamos hai uns días, a Rede Anticapitalista galega vaise sumar á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias. Os que queiran sumarse á tractorada abondará con pegaren o seguinte código nas súas páxinas (xusto antes da etiqueta </BODY>, […]
Con motivo do Día Internacional da loita labrega, a Plataforma Galega Antitransxénicos e a Rede Anticapitalista Galega deron conta dunha acción representativa da desaparición da agricultura tradicional a mans das empresas multinacionais da alimentación. (Fotos e Vídeo)
A Ra! e a Plataforma Galega Antitransxénicos convocan aos movementos sociais e á cidadanía galega a un acto hoxe, venres 17/04/2009, na Praza Roxa de Santiago ás 17:30. Con motivo do Día da Loita Labrega: Escenificación do Enterro da Agricultura e Procesión-Manifestación cara a Carrefour. Prégase asistir de rigoroso loito.
Diversos colectivos galegos e persoas a titulo individual únense para respostar a unha crise sistémica e dar alternativas de transformación dende unha óptica galega. O 28 de marzo terá lugar a presentación da Ra! en actos descentralizados por Galiza e nun acto central en Compostela (Praza das Praterías, ás 12:00 horas) que resposta tamén ao […]