Tag Archives: tractorada virtual

Mil tractores reais e centos virtuais

Máis dun cento de webs galegas e algunhas de fóra das nosas fronteiras, entre portais, blogs e redes sociais cibernéticas, uníronse á tractorada virtual convocada pola rede Anticapitalista RA! en apoio á acción homónima, esta real e ben visíbel, que levou mil tractores polas rúas galegas pola dignidade labrega.

Únete á tractorada virtual da RA! e do SLG

Como xa anunciabamos hai uns días, a Rede Anticapitalista galega vaise sumar á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias. Os que queiran sumarse á tractorada abondará con pegaren o seguinte código nas súas páxinas (xusto antes da etiqueta </BODY>, […]