Tag Archives: tractorada

A tractorada virtual volve á Internet galega, esta vez durante 5 días

Perante a nova convocatoria do SLG, a RA! volve a lanzar a convocatoria dunha tractorada virtual. Desta volta os tractores encherán as páxinas galegas en apoio ás demandas dos nosos gandeiros durante 5 días: do 13 ao 17 de Xullo. A que esperas para te unires a eles? Non precisas un tractor: abonda con ter […]

Mil tractores reais e centos virtuais

Máis dun cento de webs galegas e algunhas de fóra das nosas fronteiras, entre portais, blogs e redes sociais cibernéticas, uníronse á tractorada virtual convocada pola rede Anticapitalista RA! en apoio á acción homónima, esta real e ben visíbel, que levou mil tractores polas rúas galegas pola dignidade labrega.

Únete á tractorada virtual da RA! e do SLG

Como xa anunciabamos hai uns días, a Rede Anticapitalista galega vaise sumar á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias. Os que queiran sumarse á tractorada abondará con pegaren o seguinte código nas súas páxinas (xusto antes da etiqueta </BODY>, […]

A RA! apoioará a tractorada do 17 de xuño

O vindeiro mércores 17 de xuño o Sindicato Labrego Galego ten convocadas tractoradas na Coruña, Lugo, Compostela, Chantada e A Mariña. Os colectivos da Ra! tamén se mobilizarán e asemade realizarán unha tractorada virtual.