[English version
(not updated!)
]
S.C.G. [Versão em galego
reintegracionista
(não atualizada!)
]

soc.culture.galiza
Home Page

o newsgroup galego

[Qué é o soc.culture.galiza][Creación do grupo][A (antiga) moderación automática][Por qué Galiza e non Galicia]
[Ler e participar nas discusións do grupo][Información sobre os newsgroups en xeral]

[NOVO: Arquivos históricos de mensaxes (1999-2006)]

Que é o soc.culture.galiza?

Na comunidade galega espallada por todo o mundo existía a mediados da década dos 90 unha forte necesidade dun foro onde os galegos, e outra xente, poidan intercambiar información sobre Galicia, a súa cultura, e o desenrolo futuro do país. Aínda que daquela existían algunhas listas de correo que tiñan como temas de discusión o idioma e maila cultura galegos, non había un newsgroup onde os galegos do estranxeiro poideran manter un vencello coa súa terra nai para discutiren temas galegos nun amplo sentido. Estas discusións non eran apropiadas nun newsgroup xeral, como soc.culture.spain, especialmente se se facían usando o galego, que a maioría dos españois non poden comprender de todo. As discusións terían lugar principalmente en galego, recurrindo ó portugués, inglés ou castelán se é necesario para un completo entendemento.

O newsgroup soc.culture.galiza está destinado á discusión de temas relacionados con Galicia, Península Ibérica: historia, actualidade, futuro desenrolo político e económico, cultura e tradicións, idioma, e relacións con outros países.

E se queres coñecer cómo foi o nacemento do grupo podes consultalo no documento de Luís Pérez Carrasco sobre GALICIA-L e a xestación de soc.culture.galiza.

Creación do grupo

Na Internet, a creación dun grupo non ten lugar ata que tódolos cibernautas que o desexen participen nun referendo que aprobe o novo grupo. Para que o referendo teña un resultado positivo, 2/3 dos votos emitidos teñen que ser afirmativos. Ademais, o número de votos positivos ten que superar polo menos en 100 ó número de votos negativos.

No noso caso a votación tivo lugar entre o 7 e o 26 de Marzo de 1.997, e foi xestionada por Mr Jeremy Billones (billones@PRIMENET.COM) dos Usenet Volunteer Votetakers, asociación neutral que leva a conta dos votos dos newsgroups. Podes ver aquí a CFV (Chamada á votar) coa que se invitaba a tódolos cibernautas a participar. O resultado foi o seguinte:
Podes ve-los votos e mailos votantes na acta da votación.

A distribución dos votos gráficamente foi esta:


Máis información actualmente en news.announce.newgroups, news.groups, GALICIA-L.

A (antiga) moderación automática

O grupo soc.culture.galiza foi un dos primeiros grupos na Internet en usa-las novas tecnoloxías para elimina-las mensaxes-lixos que ameazaban a moitos dos grupos establecidos anteriormente. O uso dun programa de robomoderación (STUMP, escrito por Igor Chudov) permitía eliminar mensaxes enviadas de forma masiva antes de chegar ó lector. Isto tamén tiña vantaxes económicas para os lectores que tiñan que pagar por tempo de conexión. O uso da robomoderación só eliminaba artigos por problemas de forma. O contido dos artigos nunca sería obxecto de censura.

Política de moderación:

Soc.culture.galiza só empregaba robomoderación. Non se inclúe moderación humana. En caso de problemas co programa moderador, Ramón Flores Seija (fa2ramon@usc.es) era o encargado de solucionalos.
  1. O programa robomoderador filtraba todos os artigos enviados a soc.culture.galiza. Rexeitaba todas aquelas mensaxes enviadas tamén a 4 ou máis newsgroups aparte de soc.culture.galiza.
  2. O programa robomoderador, cando rexeitaba un envío, mandáballe ao autor do mesmo unha copia das normas para a moderación do grupo e unha explicación de por qué non foi admitido o seu artigo.
Aparte disto o robomoderador tiña as seguintes vantaxes:

O final da moderación:

O 29-Decembro-2006 foi enviada a seguinte mensaxe ao newsgroup dando conta de que a robomoderación remataba:

mediante esta mensaxe informamos que o grupo de novas Soc.Culture.Galiza (SCG) xa non está moderado. Esperamos que esta medida contribúa a dinamizalo ao non existiren tempos de espera entre o envío das mensaxes e a sua publicación. Tamén informamos que a dirección de correo electrónico s...@usc.es, á que se podían enviar antes as mensaxes para seren publicadas no grupo, xa non está operativa polo que agora hai que utilizar obrigatoriamente un programa xestor de grupos de novas. Por último, a páxina web na que se arquivan as mensaxes do SCG (http://web.usc.es/~scg-adm) non vai ser actualizada a partires do de agora.

Un saúdo e feliz ano, Ramón Flores Seijas Carlos Montero Orille


Por que o nome de Galiza?

O uso do nome Galiza para designa-lo noso país non obedece a ningún criterio político. En xeral, os nomes dos grupos van en inglés. Nembargantes, no noso caso, o uso deste criterio produce confusión, xa que existe un territorio en Polonia que os ingleses tamén chaman Galicia. Para evitar problemas no futuro, e coa recomendación dos mentores da Internet, decidiuse optar por un nome que evitara malentendidos. Galiza ofrecía unha alternativa aceptable.

Como se participa en soc.culture.galiza?

Para ler e enviar artigos a soc.culture.galiza faise coma a calquera outro grupo, dende un programa lector de news.

Se te atopas con algún problema á hora de encontrar o grupo no teu servidor de news, ou se non tes servidor de news (news host) podes consultar esta lista de servidores de acceso público.

Pode ler o arquivo das mensaxes enviadas a soc.culture.galiza nestas mesmas páxinas. Ate Febreiro de 2007 estivo aloxado este arquivo no enderezo http://web.usc.es/~scg-adm.

Para da-lo grupo a coñecer podes facer un link nas tús páxinas a esta Home Page do grupo, e podes usar este logotipo nelas Logo soc.culture.galiza incluíndo as seguintes liñas:
<a href="http://www.redegalega.org/scg">
<IMG SRC="http://www.redegalega.org/scg/scgpeq.gif" WIDTH="100" HEIGHT="47" ALT="soc.culture.galiza, o newsgroup galego" BORDER="0">
<B>soc.culture.galiza</B> Home Page</a>.


Información sobre os newsgroups en xeral

Velaquí uns enderezos interesantes:

Axudaron a facer posible o newsgroup (entre outros):
Lista GALICIA-L, Luis A. Pérez Carrasco, Xosé Manuel Diéguez Pérez, Manuel Carro, Xabier Boullón-Agrelo, Anxo Sánchez, Xurxo Durán Laguna, Mark James, Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Flores Seijas, Miguel Conde Simón, Carlos Montero, Pedro Muiño.

Axudaron nestas páxinas:
Manuel Casal Lodeiro, Pedro L. Muiño, Lista GALICIA-L, Díaz Pardo, Vieiros, Arnal e S.I.M.I.L., que puxeron o espacio. Actualmente é aloxada gratuitamente por RedeGalega, responsabilidade da Asociación Cultural Fillos de Galicia.

Historial de actualizacións: 19-Febreiro-2007, 23-Abril-2000...


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Hospedaxe cultural patrocinado por RedeGalega.org