TODO O QUE SEMPRE QUIXO SABER E NUNCA OUSOU PREGUNTAR SOBRE AS NOVAS Version 1.5 Data: 12/05/97 Autor: Miguel Conde Traducido ao galego por: Ramon Flores ------------------------------ Subject: 1 - Introduccion. Que e un FAQ? FAQ significa 'Frecuently Asked Questions', isto e, 'Respostas as Preguntas mais Frecuentes' Internet en xeral, e especialmente Usenet, ten-se caracterizado desde sempre pola sua tendencia a *colaboracion* e polo seu *pragmatismo*. Nos grupos de novas (news) repiten-se moi a miudo as mesmas preguntas, para os siaeiros dos ditos grupos aforraren-se responder as ditas preguntas, mais sen deixa-las sen resposta, adoitan recopilar ficheiros FAQ. Estes ficheiros medran, melloran co tempo e as achegas de todas as persoas interesadas. Hoxe por hoxe existen en Usenet *milleiros* de FAQs que constituen umha formidabel base de conhecimentos e experiencias, patrimonio comun de todos os internautas. Existe un arquivo dos FAQs "oficiais" de Usenet (os publicados en news.answers) en: Podes achar abundante informacion sobre os FAQs en: O formato do presente FAQ axusta-se ao proposto en: ------------------------------ Subject: 1.1 - Obxectivo deste FAQ Este FAQ ten por obxectivo axudar aos novos usuarios na sua comprension de Usenet, prestando atencion aos temas que non adoitan estar centralizados nos lugares habituais de informacion para "novatos"; ou, ainda achando-se, estan en ingles. E isto, por que? A razon e simple e preocupante: o numero de usuarios de Usenet medra vertixinosamente. A relacion sinal/ruido nos grupos de novas (newsgroups) mingua mais que linearmente co numero de usuarios. E como se sobre umha cidade calquer deixaran cair cada noite en para-quedas centos, millares de novos habitantes completamente ignorantes das leis, usos e costumes que rexen nesa cidade. O efeito e devastador. ------------------------------ Subject: 1.2 - Onde podo atopar este FAQ ? Poderas achar a ultima version ASCII de este FAQ en: A version HTML a encontraras (grazas a colaboracion de Manuel Casal Lodeiro () en: Por outra banda a version orixinal en castelan esta en: Texto . HTML A principios de cada mes enviara-se a version ASCII ao grupo SOC.CULTURE.GALIZA ------------------------------ Subject: 1.3 - Agradecimentos e benvida de suxerencias e axudas. Quero agradecer pola sua colaboracion a: Fran Bernal Fernandez Alain Deckers Javier Herrera Pedro Macanas Valverde Julio Sanchez Domènec Sos Brad Templeton Tamen dou, de anteman, as grazas a todos os que desexen colaborar no mantemento deste FAQ coas suas preguntas, suxerencias e achegas. Para estes temas podedes-me escrever a: ------------------------------ Subject: 1.4 - Advertencia A informacion contida neste FAQ non esta garantida nen explicita nen implicitamente. Fixo-se todo o posibel para asegurar a exactitude da dita informacion, mais nen o autor nen as persoas que contribuiron asumen responsabilidade nengumha polos posibeis erros ou omisions, nen polos danos que poideran derivar-se do seu uso. (Nota do traductor: E a quen non lle preste, que lle bote zucre). ------------------------------ Subject: 1.5 - 'Copyright'. O 'Copyright' deste FAQ pertence ao seu autor, Miguel Conde, e a todas as persoas que contribuiron, tal e como se menciona no texto do FAQ. Autoriza-se e anima-se a distribuir, traducir e utilizar este FAQ sempre que sexa sen animo de lucro e notificando-o previamente ao autor. En caso de reutilizar partes ou contidos cumpre especificar claramente a orixe (facendo constar a URL de acceso). ------------------------------ Subject: 2 - Taboa de Contidos 1 - Introduccion. Que e un FAQ? 1.1 - Obxectivo deste FAQ 1.2 - Onde podo atopar este FAQ ? 1.3 - Agradecimentos e benvida de suxerencias e axudas. 1.4 - Advertencia. 1.5 - 'Copyright'. 2 - Taboa de Contidos 3 - Como funcionan as novas (news)? 3.1 - Como e iso de que o meu leitor de novas(news) e un 'cliente' ? Que e un 'servidor' de novas ? 3.2 - Que e un 'followup'? 3.3 - Que e un fio de artigos (thread)? 3.4 - De que outras formas podo responder un artigo ? 3.5 - Como se difunden os artigos ao longo e largo do mundo ? 3.6 - Durante canto tempo e gardado un artigo nun servidor ? 3.7 - Que e e para que serve un 'ponto neutro' ? 3.8 - Resumindo: as novas deste grupo son instantaneas, ou tardan un tempo desde que se envian ate que saen publicadas para a sua leitura? 3.9 - Como pode ser que as veces cheguen antes os 'followups' que o artigo que orixina o fio(thread)? 3.10 - 'Como explicar que nestes momentos no meu servidor no grupo xx.xx.xx hai YYY mensaxes, cando noutro servidor hai somente ZZZ ?' 3.11 - E posibel que alguns artigos non cheguen nunca ao meu servidor? 3.12 - Por que os grupos de novas (newsgroups) tenhen eses nomes tan raros ? 3.13 - Por que os diferentes servidores de novas non tenhen os mesmos grupos de novas? 3.14 - Como se crian os grupos de novas? 3.15 - Servidores publicos de novas. 3.16 - Por que vexo caracteres "extranhos" nalgumhas mensaxes? Que e MIME? 4 - Que e a netiqueta? 5 - Que e 'crossposting'? 5.1 - Que son estes milleiros de artigos que bombardean os meus grupos favoritos e non tenhen nada que ver cos temas habituais? Atopo-os ate na sopa !!! 5.2 - Como comeza un 'crossposting' ? 5.3 - Quen inicia os 'crosspostings' ? 5.4 - Pode ter sentido un 'crossposting' ? 5.5 - Como podo evitar o 'crossposting' ? 5.6 - Que e un 'killfile'? 6 - Que e 'spam'? 7 - Que e 'ECP'? e 'EMP'?, e o 'Indice Breidbart' (BI)? 8 - Que e un grupo moderado? 8.1 - Que e a robomoderacion? 8.2 - Pode conseguir-se cos killfiles o mesmo que coa moderacion automatica ? 9 - Que e un 'troll'? 10 - Que hai do envio de binarios as novas? 11 - Que cumpre saberes sobre os leitores de novas? 11.1 - Xeralidades 11.2 - Un leitor 'off-line': Forte Free Agent 12 - Onde podo atopar un artigo que lin hai meses (e non lembro ben en que grupo) ? 13 - Existe algumha pagina Web (site) onde aparezan os grupos de news extranxeiros? 14 - Onde podo atopar mais informacion? 15 - Modificacions ------------------------------ Subject: 3 - Como funcionan as novas(news)? A primeira vez que trates de usar as novas (news) teras que enfrontar dous problemas: primeiro teras que aprender a manexar o teu programa leitor; segundo, e non so para lle sacar o maximo partido posibel as novas, senon tamen para que o respeito e a educacion guien as tuas relacions cos demais usuarios, tarde ou cedo teras que aprender como funcionan "por dentro" as novas. Ainda que so sexan os seus fundamentos. Mais ainda antes de abordares ambos cumpre que tenhas algo moi claro acerca de como funcionan as novas, non "tecnicamente", senon "filosoficamente": o exito das novas ate agora e consecuencia dun unico principio: 'give as much as you take' ('Da tanto como collas'). Isto quer dicer que a unica forma de que a tua experiencia na Usenet te resulte enriquecedora depende de que ponhas a disposicion dos demais todo o que poidas. A posta en comun da experiencia, o conhecemento, a boa vontade, as charlas, as discusions, etc, e o que fai que Usenet sexa "mais que a simples soma das suas partes", por dice-lo de algun xeito. Isto e o mais importante que podes sacar deste FAQ. ------------------------------ Subject: 3.1 - Como e iso de que o meu leitor de novas(news) e un 'cliente'? Que e un 'servidor' de novas ? Para ler as novas e enviar artigos utiliza-se un leitor de novas (tin, rn, os leitores de Netscape ou Microsoft, etc...). Este programa leitor e cliente doutro programa, chamado (claro) servidor, que e o que se encarga de almacenar, enviar, recibir e xestionar os artigos. Cando arrancas o teu leitor de news, este encarga-se de se comunicar con un servidor de news para solicitar, de cada grupo ao que esteas suscrito, o numero total de artigos e os que estan sen ler. Se les as 'novas desde casa, o leitor (cliente) esta no teu PC e o servidor adoita estar nas instalacions do teu fornecedor (no computador que indicaches como 'NNTP server' ao instalar o teu leitor; se estas numha organizacion (Universidade, empresa...), o servidor adoita estar numha maquina da organizacion coa que o cliente se comunica (tamen normalmente) ao traves dumha Rede de Area Local). Cando queres ler os artigos dun grupo, indicas-llo ao teu programa cliente, que se comunica co programa servidor para recuperar os cabezallos dos artigos dese grupo almacenados no servidor. Cando queres ler un artigo en concreto dun grupo, indicas-llo ao teu cliente e este encarga-se de comunicar-se co servidor para recuperar o artigo en cuestion. Cando decides responder a un artigo ou compor un novo, tras redacta-lo (normalmente co editor do teu leitor/cliente), o cliente envia-llo ao servidor. Podes averiguar o que ocorre despois no ponto 3.4. ------------------------------ Subject: 3.2 - Que e un 'followup'? Cando queres responder a un artigo tes tres formas de face-lo. A primeira e o 'followup' ('resposta as novas'): - Se o artigo ao que respondes ten umha linha 'Followup-To:' no seu cabezallo, sera enviada aos grupos que figuren na dita linha. - Se non a ten, sera enviada aos grupos onde foi enviado o artigo ao que respondes, i.e., a todos os grupos que figuran na linha "Newsgroups:" do cabezallo. Responder con 'followups' (as novas) ten senso cando a tua resposta poida ser interesante para os leitores de grupo. Sobre isto, e *importante* que leas a seccion 5 deste FAQ. ------------------------------ Subject: 3.3 - Que e un fio de artigos (thread)? Os 'followups' orixinan "fios" ("threads") de artigos. Ou sexa: ao enviares a tua resposta as novas ('followup'), estas a seguir o *fio* da conversa. Alguns leitores de novas representan graficamente estes "fios" como hierarquias (arbores) de mensaxes. ------------------------------ Subject: 3.4 - De que outras formas podo responder un artigo ? Hai outras duas formas de responder a un artigo: Podes responder por correo ao autor. Esta opcion e *a correcta* cando o que queiras expresar na tua resposta seguramente non tenha interese para os demais leitores do grupo. Por ultimo, tamen e posibel enviar a tua resposta simultaneamente ao autor do artigo (por e-mail) e as novas. Ten sentido cando queres estar certo de que a tua resposta chegue ao autor do artigo respondido. Conven que, no corpo do artigo, expliques que respondiche por 'e-mail' e as novas (xa que a resposta por e-mail chegara-lle antes ao respondido que a resposta por novas). Como dice Julio Sanchez (): "Algunos irritan-se ao lles enviares por e-mail umha copia da mensaxe que asemade envias ao grupo. Recibe a chamada 'copia de cortesia' , non se decata de que ia tamen ao grupo e contesta en privado, mentres outras persoas que viron a copia do grupo, discuten sobre o asunto. Poren hai gente que gosta da copia. Deixemo-lo en division de opinions". ------------------------------ Subject: 3.5 - Como se difunden os artigos ao longo e largo do mundo ? Tras compor o artigo e enviar-llo ao servidor, todas as persoas conectadas ao noso servidor (as que estan na nosa mesma Rede de Area Local, no caso das organizacions, as que tenhen o mesmo fornecedor, no caso de que leas as novas na casa) poderan ler o noso artigo recen terminado, que xa estara almacenado no servidor comun. Nembargantes, as persoas do resto do mundo ainda non poderan ler o noso artigo, xa que este ainda non esta almacenado nos seus servidores. Cando un servidor de noticias suministra artigos de novas a outro servidor, di-se que o "alimenta ('feed') con novas"; os artigos almacenados no noso servidor foron obtidos doutro nodo de novas (ou sexa, doutro servidor de novas). A intervalos prefixados de tempo, cada servidor de novas conecta-se con outros para recabar deles os artigos novos. Ao conectar-se outro servidor (servidor B) co noso (servidor A) para lle pedir os artigos novos, o noso servidor (A) enviara-lle calquer artigo novo que ainda non enviara previamente, entre eles o que acabamos de redactar. Desde ese momento, calquer usuario do servidor B, ao traves do seu cliente/leitor, podera ler o noso artigo. Cando un servidor C solicite os artigos novos do servidor B, este enviara-lle, entre eles, o noso artigo. De este xeito, aos poucos o noso artigo vai sendo visibel en todo o mundo, empezando polo noso servidor (inmediato), seguindo cos servidores directamente conectados ao noso servidor (seguramente no mesmo dia) e continuando con outros mais afastados (2-3 dias, 1 semana), ate aparecer en todos. Tamen e posibel que un servidor se conecte con outro para lle comunicar que ten artigos novos que lle enviar. Este metodo nomea-se "news push" ("empurrar os artigos") en contraste co outro metodo exposto anteriormente, que se denomina "news pull" ("tirar dos artigos"). De feito, o metodo "news push" e hoxe o mais amplamente utilizado. Hai outras melloras, tamen: Julio Sanchez () explica: "De feito, todos os servidores grandes configuran-se para tentar mandar os artigos aos vicinhos cando ainda estan en memoria ou en cache de disco para evitaren ter que ir de novo ao disco para manda-los (isto reduce sustancialemente o rendimento de un servidor que recibe moitos artigos e que ten moitos vicinhos). Para manexar o push como digo, os servidores non chaman periodicamente, senon que mantenhen umha ou mais conexions abertas continuamente cos seus vicinhos. A propagacion e case instantanea. Moitos artigos propagan-se a sete ou oito saltos da orixe en menos dun cuarto de hora". O protocolo que se emprega entre servidores e entre clientes e servidores chama-se NNTP ('Network News Transfer Protocol') e o algoritmo que utiliza di-se ser de "inundacion" ("flooding"). NNTP e un protocolo moderno; antes empregaba-se UUCP (a verdade e que ainda se utiliza). ------------------------------ Subject: 3.6 - Durante canto tempo e gardado un artigo nun servidor ? Para que os artigos novos que se transportan constantemente de servidor a servidor non se amoreen indefinidamente, o que se fai e manter cada artigo en cada servidor so durante un tempo determinado, transcurrido o cal o artigo "caduca" ("expire"), borra-se e deixa de ser accesibel para os usuarios conectados a ese servidor. O administrador de cada servidor e o encargado de asignar o tempo de caducidade para cada grupo . Adoitando ser entre 2 dias (grupos mais frecuentados) e duas semanas (grupos menos frecuentados). Alain Deckers () explica: "Ese tempo o controla o administrador de cada servidor, segundo os criterios que crea convenientes. I.e. , en xeral, o tempo que un artigo permanece nun determinado grupo varia dun servidor a outro. Por exemplo, un centro de I+D que polos motivos que sexa ten pouco espazo de disco disponibel para news, pode gardar os artigos dos grupos comp.* e sci.* durante duas semanas, os de soc.* e rec.* durante un dia e os de alt.* durante 4 horas. Claro que en realidade, so recibiria comp.* e sci.* (agas que o administrador se as apanhe para obter as demais hierarquias 'extra-oficialmente'). Mentres tanto, o servidor dun fornecedor con sobexa capacidade de disco para novas pode quedarse alt.* durante un par de dias e todo o demais durante umha semana. Na practica e algo mais complexo do que pode dar a entender esta explicacion, dependendo dos detalles da configuracion do servidor. En calquer caso, o 'tempo de caducidade' dos artigos o fixa cada administrador para o seu servidor." ------------------------------ Subject: 3.7 - Que e e para que serve un 'ponto neutro' ? Para que todo o sistema funcione mais rapidamente, alguns servidores de novas actuan como 'pontos neutros', estacions de paso que proporcionan artigos para moitos outros servidores. Umha vez que o noso artigo chega a un destes 'pontos neutros', sera enviado a moitos outros servidores nun curto espazo de tempo. Desde hai uns meses en Espanha existe un 'ponto neutro' a medias. I.e., xa funciona para o trafego IP, ( o correspondente as WEBs), mais non para o trafego NNTP, (o correspondente as novas). Iso significa que este artigo sera enviado ao servidor do meu fornecedor, que esta, digamos, en Madrid; como o meu fornecedor se conecta ao resto da Internet, digamos, con un enlace directo que termina noutro nodo que esta, por exemplo, en Estados Unidos, resulta que os leitores deste grupo en Estados Unidos lera-no antes que os leitores deste grupo en Espanha :-( Esperemos que non tarde moito en servir tamen para o trafego NNTP. Mais informacion en: ). ------------------------------ Subject: 3.8 - Resumindo: as novas dun grupo son instantaneas, ou tardan un tempo desde que se envian ate que saen publicadas para a sua leitura? Como conclusion de todo o anterior: o tempo que tarda un artigo en estar visibel para un leitor depende da localizacion do servidor desde o cal se enviou o artigo, da localizacion do leitor, da topoloxia fisica da Usenet e do tempo que tardan en comunicar-se entre eles os servidores situados entre o leitor e o escritor do artigo. Se o leitor e o escritor utilizan o mesmo servidor, o leitor podera ler inmediatamente o artigo; se empregan servidores conectados directamente, o leitor tardara pouco en pode-lo ler (menos de 1 dia); se hai mais servidores por medio, pode tardar ate varios dias. Esta e umha das razons polas que diferentes servidores tenhen distintos artigos nos mesmos grupos. ------------------------------ Subject: 3.9 - Como pode ser que as veces cheguen antes os 'followups' que o artigo que orixina o fio (thread) ? A resposta a esta pregunta deixa-se como exercicio ao leitor, quen, despois de ler os pontos anteriores sobre como se distribuen as novas, non debe ter nengun problema para contesta-la ;-) ------------------------------ Subject: 3.10 - 'Como explicar que nestes momentos no meu servidor no grupo xx.xx.xx haxa YYY mensaxes, cando noutro servidor hai somente ZZZ ?' Alain Deckers () explica: "Non hai nengumha razon que obligue a todos os servidores a ter o mesmo contido nun determinado grupo. Isto e algo que sorprende a moita xente cando o escoita por primeira vez, mais se o pensas un pouco e bastante loxico. Primeiro: cada artigo tarda un certo tempo en se propagar dun servidor a outro. Nun determinado momento, no teu servidor habera artigos que ainda non chegaron a outros servidores e viceversa. Lembra que a velocidade da luz e finita. ;) Segundo: o administrador de cada servidor fixa os prazos de caducidade dos artigos. Se o servidor dispon de pouco espazo de disco, o ritmo de prescricion probabelmente sera maior. Terceiro: a maioria dos servidores aceptan anulacions de artigos, pero non todos. Se o teu servidor pertence ao primeiro grupo, non veras alguns artigos que si verias no caso de conectares a un servidor do segundo grupo. (Mais non te preocupes, xa que so estas-te a perder artigos lixo do tipo "Pelirroiba quente, chama-me" e "Fai-te rico sen traballar".) Cuarto: alguns servidores estan configurados para rexeitar artigos cruzados a mais de X grupos. [N. do A.: Tamen poden estar configurados para cancelar envios binarios a grupos non especificamente adicados a eles] Etc, etc, etc. No teu servidor estan os artigos que o teu administrador de novas quere que estean. Pagan-lle para iso." E Julio Sanchez () completa: "Alain Deckers xa explicou umhas cantas razons polas que o contido dos grupos non e identico en diferentes servidores. Eu dou tres mais: - Distribucions. Ou sexa, o que se pon nese cabezallo chamado Distribution que ninguen sabe para que e ;-) Se un servidor indica que o seus vicinhos so recibiran artigos con tal e tal distribucion (ou con todas menos tal e tal), so se propaga un subconxunto dos artigos. Tamen pode ocurrer que o servidor non acepte todas as distribucions, asi que os artigos que cheguen a outras distribucions son rexeitados. Por exemplo, e normal que uns servidores a outros non se pasen a distribucion 'local'. [N. do A.: ] - Se un servidor cria un grupo que non recibe de verdade, so apareceran nel os artigos que estean enviados a grupos que si recibe ademais de a este. Ou sexa, un claro sintoma de que o teu fornecedor ten criados mais grupos dos que recibe e que nalguns grupos, todos os artigos aparecen 'crossposted'. - Se un servidor ten configurados como non moderados alguns grupos que si son moderados, os artigos enviados a estes grupos nese servidor aparecen, mais son descartados polos seus vicinhos correitamente configurados." ------------------------------ Subject: 3.11 - E posibel que alguns artigos non cheguen nunca ao meu servidor ? Si. Polas razons explicadas no ponto anterior (prazos de caducidade, artigos cancelados, artigos rexeitados por 'crossposting', distribucions...) e, *ademais*, porque tamen se producen erros no mecanismo de difusion de artigos (ainda que non deberia ser moi habitual). ------------------------------ Subject: 3.12 - Por que os grupos de novas (newsgroups) tenhen eses nomes tan raros? Os grupos de Usenet organizan-se por hierarquias tematicas. As 8 principais son : comp.* (COMPutadores), humanities.* (humanidades), misc.* (MISCelanea), news.* (sobre a mesma Usenet), rec.* (RECreation, lecer), sci.* (SCIence, ciencia), soc.* (SOCiety, sociedade) e talk.* (charla). Ademais existe a hierarquia alt.* (ALTernative, grupos alternativos) e as hierarquias nacionais como es.* (ESpanha), pt.* (PorTugal), de.* (DEutchland), etc. Cada hierarquia subdivide-se en grupos e sub-hierrarquias tematicas: soc.culture.*, soc.history, sci.phisycs.*, etc. ------------------------------ Subject: 3.13 - Por que os diferentes servidores de novas non tenhen os mesmos grupos de novas ? Quere isto dicer que os servidores suscriben-se aos grupos igual ca nos? Alain Deckers () contesta: "Si. Hai xente que ten servidores de novas nun PC no salon da sua casa que so estan subscritos aos 4 grupos que len. Os servidores de Universidades e empresas (incluindo os fornecedores como Jet, RedesTB, ou o que sexa) tamen poden elixir non se subscribir a determinadas hierarquias polas razons que sexan. Por exemplo, alguns servidores non estan subscritos a sub-hierarquia alt.binaries porque ocupa moitisimo espazo de disco (casi mais que todas as demais xuntas). Hai moitas outras razons". Si, hai que ter en conta que Usenet xera (a "grosso modo") mais de 500 Mbytes diarios de media e medra rapidamente. Almacenar toda esa informacion require enormes cantidades de disco (tamen se pode optar por facer que os artigos duren so 1 dia no servidor :-) Cumpre tamen condiderarmos os custes (tempo e dinheiro) da transmision desa informacion. Ademais, non todos os sitios con servidores de novas estan interesados en todas as hierarquias; por exemplo, non e usual que os servidores espanhois tenhan a hierarquia finlandesa. Tamen pode ocorrer que a politica do servidor impida-lle ter certos grupos: por exemplo, se o Vaticano tivera un servidor de novas, coido que non teria alt.binary.pictures.sex :-) ------------------------------ Subject: 3.14 - Como se crian os grupos de novas ? Podes achar os detalles exactos en: - Grupos das hierarquias "Big8": - Grupos da hierarquia es.*: - Grupos da hierarquia alt.*: En poucas palabras, o proceso de criazon dun grupo novo nas hierarquias "Big8" e es.* comprende dous pasos: a discusion previa e a votacion. Primeiro, a persoa que propon o grupo envia un artigo, chamado RFD ('Request For Discussion') aos grupos apropiados (segundo se indica nos enderezos anteriores) para iniciar en algun deles un periodo de debate sobre a conveniencia de criar o grupo, se debe ser ou non moderado, cal debe ser a sua tematica, etc. Transcorrido este periodo, pode ser necesario recoller as conclusions da discusion nun novo RFD (se as modificacions respecto ao anterior son importantes) e realizar un novo proceso de discusion. Esta primeira fase de discusion puede repetir-se cantas veces sexa necesario antes de pasar a seguinte, a de votacion. Para a votacion designa-se umha persoa ('votetaker') independente que controle e supervise o proceso. A votacion inicia-se cando o 'votetaker' publica un artigo chamado CFV ('Call For Votes') recollendo a fundamentacion do grupo (consecuencia do RFD) e explicando como votar por e-mail. Ao final do periodo de votacion o 'votetaker' publica os resultados da votacion e de verificaren-se os requisitos da hierarqia, a persona responsabel da dita hierarquia cria o grupo. Por suposto, a criazon do grupo non e inmediata e simultanea en todos os servidores de Usenet, senon que se vai propagando aos poucos entre eles, sendo criado somente en aqueles servidores cuxos administradores asi o desexen. Esta descricion de como se crian os grupos e moi xenerica. Se desexas conhecer o proceso en detalle, debes ler os documentos citados anteriormente. Os CFVs son as autenticas "cartas fundacionais" dos grupos de Usenet; a eles hai que ater-se cando se desexa saber o que e ou non e correcto e apropiado nun grupo de novas. Existe un arquivo de RFDs e CFVs en: ------------------------------ Subject: 3.15 - Servidores publicos de novas. A maioria dos servidores de novas non son de libre acceso. Dan servizo unicamente aos clientes da sua propia rede, ou so a un conxunto determinado de maquinas, ou ben exigen algun tipo de identificacion (usuario/contrasenha) para permitir o acceso. Nembargantes, tamen e posibel atopar servidores de novas de acceso libre. Uns tenhen mais grupos que outros, alguns permiten enviar artigos e outros somente le-los. O conxunto de servidores publicos e moi cambiante: alguns destes servidores non son nada mais que servidores cuxos administradores non pretenden que sexan publicos mais que, ao estaren mal configurados, permiten o acceso a calquer. Como se pode supor, axinha que os seus administradores se decatan deixan de ser publicos. En todo caso, adoitan ser servidores pouco fiabeis e que dan un servizo de non moi boa calidade (coas loxicas excepcions). Pode-se achar umha lista de alguns destes servidores en: Cando e un fornecedor de Internet o que nos da acceso a un servidor de novas temos todo o dereito do mundo, como clientes, a exixir-lle a calidade de servizo apropiada, xa que nos cobran por ela. De feito, deberiamos acostumar-nos a facelo. Poren, no caso dos servidores de libre acceso non nos une cos xestores dos ditos servidores nengumha relacion de tipo contractual, asi que tampouco temos dereito a lles exixir nada. Cumpre termos moi claras as condicions ao contratarmos un proveedor de Internet. En cuanto as novas, deben aclarar-nos se nos van dar acceso a un servidor proprio ou publico, cantos grupos ten, etc. ------------------------------ Subject: 3.16 - Por que vexo caracteres "extranhos" nalgumhas mensaxes? Que e MIME? A resposta a esta pregunta exixe umha explicacion lixeiramente tecnica. Non pretendo que sexa exaustiva, centrando-me nas mensaxes de texto. Para afondar no tema conven referir-se aos RFCs 1521 e 822. Traducido do RFC 1521, "MIME Part One": "Desde a sua publicacion en 1982, o documento STD 11 , RFC 822, define o formato estandar das mensaxes textuais de correo en Internet. O seu exito foi tal que o RFC 822 ten sido adoptado, total ou parcialmente, alen dos confins da Internet e do estandar STD 10, RFC 821 de transporte de correo (SMTP). Mais ao se incrementar o seu uso, fixeron-se patentes algumhas limitacions que resultan avondo restrictivas para a comunidade de usuarios. O RFC 822 trataba de especificar un formato para mensaxes de texto. Polo tanto, as mensaxes non textuais, como as mensaxes multimedia que poden incluir audio e video, por exemplo, nen se mencionaban. Mesmo no caso das mensaxes textuais o formato definido no RFC 822 e inadecuado para as necesidades dos usuarios de correo cuxos idiomas requeren o uso de conxuntos de caracteres mais ricos que o definido como US-ASCII ..." [N. do A.: o xogo de caracteres US-ASCII conten 128 carateres, codificados con 7 bits, i.e., do 0 ao 127; os ditos caracteres son os empregados en ingles, e portanto, non conten os nosos caracteres acentuados, a nh, o cedillado, etc] A situacion complica-se ainda mais xa que os estandares de transporte de mensaxes de correo (SMTP, STD 10, RFC 821) e novas (NNTP, RFC 1036) especifican que os ditos sistemas deben ser capaces de transportar mensaxes compostas por caracteres codificados en 7 bits. Isto explica que nos atopemos con "zonas" da Rede que cumpren este estandar e so son capaces de transportar caracteres de 7 bits; outras, poren tamen cumpren o estandar mais son capaces de transportar caracteres de 8 bits (se poden transportar caracteres de 8 bits, tamen son capaces de transportar caracteres de 7, logo cumpren o estandar). Ponhamos un exemplo. O caracter "o acentuada" corresponde, no xogo de caracteres Latin-1 (iso-8859-1), que conten os caracteres especificos da nosa lingua, ao numero 243 (F3, en hexadecimal). En binario, este numero escrebe-se 1111 0011. Ao enviarmos umha mensaxe que conten este caracter ao traves dumha zona da Rede que so e capaz de transportar caracteres de 7 bits, o caracter, ao chegar ao seu destino, tera-se convertido en 111 0011 (73 hexadecimal). E o leitor de correo no destino, xa utilice o xogo de caracteres US-ASCII ou o Latin-1, presentara o caracter 's', que e ao que corresponde en ambos xogos (US-ASCII e un subconxunto de Latin-1). A situacion descrita obriga a "traducir" a 7 bits todos aqueles dados non textuais ou textuais non US-ASCII antes de envia-los, e a desfacer a dita "traduccion" ao recibi-los, antes de llos presentar ao usuario. MIME ('Multipurpose Internet Mail Extensions', 'Extensions Multiproposito para Correo en Internet') proporciona umha forma de facer isto. As mensaxes con formato MIME caracterizan-se por 3 linhas no seu cabezallo. Por exemplo: Mime-Version: 1.0 Content-Type: text/plain; charset=iso-8859-1 Content-Transfer-Encoding: quoted-printable =F3 O exemplo anterior conten, no corpo da mensaxe, unicamente umha "o acentuada". Como se ve, o caracter 1111 0011 foi traducido (mediante codificacion 'quoted-printable' a 3 caracteres de 7 bits: '=' (011 1101), 'F' (100 0110) e '3' (011 0011). Calquer "zona" da rede que cumpra o STD,10 RFC 821, sera capaz de transportar estes 3 caracteres, porque so tenhen 7 bits. Cando cheguen ao seu destino, se o leitor de correo ou de novas "entende" MIME, sera capaz de obter o caracter orixinario. Por umha banda, sabe (porque o pon no cabezallo da mensaxe) que foi codificado como 'quoted-printable', asi que dos caracteres "=F3" obtera o caracter numero 243. No cabezallo di tamen que xogo de caracteres debe usar, neste caso o iso-8859-1. Como nese xogo o caracter 243 e a 'o acentuada', iso e o que apresentara ao usuario. Poren, se o leitor non "entende" MIME, o usuario vera os caracteres "=F3" tal cal. E se non dispon no seu ordenador do xogo de caracteres iso-8859-1, tamen vera "cousas extranhas". A linha 'Content-Type:' compon-se dun par 'tipo/subtipo' (neste caso, 'text/plain') de dados contidos na mensaxe mais umha serie (opcional) de parametros (neste caso, 'charset=iso-8859-1'). Outros posibeis 'tipos' son 'audio', 'video', 'image', 'application', etc. A linha 'Content-Transfer-Encoding:' pode indicar 5 tipos de codificacion: '8bit', '7bit', 'binary', 'quoted-printable' e 'base64'. Os valores '8bit', '7bit' e 'binary' indican que NON hai codificacion. Cando aparece '7bit' e porque a mensaxe so conten texto codificabel en 7 bits (i.e., contido no xogo de caracteres US-ASCII). Cando aparece '8bit' e porque a mensaxe conten texto con alguns caracteres que necesitan 8 bits para ser codificados (caracteres non US-ASCII). Se umha mensaxe de este tipo pasa por umha "zona" da Rede que so pode transportar caracteres de 7 bits, non veremos ben os caracteres que precisan 8 bits (os que tenhen a 1 o bit mais alto). Cando aparece 'binary' significa que non so hai caracteres non US-ASCII, senon que se distribuen en linhas mais longas do permitido no STD 10, RFC 821 (o que constitue un indicio de que se trata de dados binarios). Se umha mensaxe deste tipo pasa por umha "zona" da Rede que so pode transportar caracteres de 7 bits, non chegaran ben os caracteres que precisan 8 bits (os que tenhen a 1 o bit mais alto). Por outra banda, os valores 'quoted-printable' e 'base64' indican que SI hai codificacion (adoita utilizar-se 'quoted-printable' para codificar texto e 'base64' para codificar binarios como audio, video, aplicacions, etc). Todos os caracteres (US-ASCII e non US-ASCII) codifican-se como caracteres ou grupos de caracteres codificables con 7 bits, de xeito que a mensaxe non se alterara ao viaxar pola rede. Poren, se ao chegar ao destino o leitor non e capaz de descodificar a mensaxe ou se, umha vez descodificado, non dispone do xogo de caracteres correspondente, veremos "caracteres extranhos". Como CONCLUSION: Opcion 1 -------- Se desexamos utilizar caracteres non US-ASCII (acentos, nh, ¿, etc) podemos: - Usar MIME e: * Codificar as mensaxes ('quoted-printable' ou 'base64'). As mensaxes chegaran sen alteracion, mais quen non poda descodifica-los ou non disponha do xogo de caracteres axeitado os vera con "caracteres extranhos". * Non codifica-los ('8bit'). En tal caso, como a mensaxe conten caracteres que precisan 8 bits, se pasa por algumha zona que so transporta caracteres de 7 bits ou se o ordenador destino non dispon do mesmo xogo de caracteres con que se escrebeu a mensaxe orixinal, o receptor vera-os con "caracteres extranhos". Tamen pode ocorrer que algun servidor de 'novas' intermedio os codifique pola sua conta (indicara-o con umha linha no cabezallo de este estilo: X-Mime-Autoconverted: from 8bit to quoted-printabel by ...) - Non empregar MIME: isto resulta equivalente a utilizarmos MIME sen codificacion: como a mensaxe conten caracteres que precisan 8 bits, se pasa por algumha zona que so transporta caracteres de 7 bits ou se o computador destino non utiliza o mesmo xogo de caracteres con que se escrebeu a mensaxe original, o receptor vera-os con "caracteres extranhos". Opcion 2 -------- Utilizar unicamente caracteres US-ASCII. A avantaxe e que todo o mundo vera o que escrebes sen alteracion, empregues MIME ou non. A desavantaxe e que non poderas utilizar enhes, acentos, etc. Podes achar algumhas referencias uteis ao final de este documento. ------------------------------ Subject: 4 - Que e a netiqueta ? Usenet existe desde hai alguns anos. Durante ese tempo, os seu usuarios tenhen ido reunindo experiencia, dumha maneira informal, relativa aos usos mais axeitados para umha comunicacion efeitiva ao traves das novas. Esta experiencia, en forma de consellos, denomina-se netiqueta; trata-se da "etiqueta da rede", das suas "reglas de educacion". Son umha extrapolacion das normas de educacion que (a maioria) utilizamos na vida diaria, ainda que tendemos a esquece-las na Rede, dada a natureza virtual da interaccion social nela. Non tenhen un caracter coercitivo. Son tan so consellos, mais dun grande interese practico. A su observacion condiciona en grande medida o funcionamiento dun grupo de 'novas'. Por iso e sumamente *importante* que te familiarices con ela. Na derradeira seccion deste FAQ encontraras alguns enderezos de documentos pensados expresamente para elo. [N. do A.: Javier Herrera propon umha traduccion alternativa e mais hispanizada do termo 'netiquette'; como este e 'net' + 'etiquette', o equivalente en espanhol seria 'red' + 'etiqueta', de onde sae o termo 'retiqueta'. Ocorre-se-me que, como en espanhol no e usual empregar a palabra 'etiqueta', senon 'educacion', o palabro obtido seria 'red' + 'educacion': 'reducacion' :-) ] ------------------------------ Subject: 5 - Que e 'crossposting' ? A pouco tempo que leves na Usenet atoparas-te con un dos seus aspectos mais irritantes: o 'crossposting'. E posibel, mesmo, que, sen decatares-te esteas caindo nel. Evitar face-lo un mesmo e doado. Evitar que o fagan os demais xa e mais complicado: exixe a solidaridade de todos os usuarios da Usenet. ------------------------------ Subject: 5.1 - Que son estes milleiros de artigos que bombardean os meus grupos favoritos e non tenhen nada que ver cos temas habituais? Atopo-os ate na sopa !!! Seguramente trata-se de 'crossposting'. Para estar seguro, comproba a linha 'Newsgroups:' no cabezallo deses artigos. Se aparecen nela moitos grupos, trata-se de 'crossposting'. Como sufriras en carne propria, trata-se de un dos fenomenos mais desagradabeis en Usenet porque: - Fai-nos perder tempo e dinhero aos usuarios. Acaba resultando irritante. - Malgasta os recursos (disco, largura de banda, etc) que todos compartimos (ainda que en menor grao que o 'spam', vexa-se o aptdo. 6). Engade Alain Deckers (): "Eu engadiria que o principal problema asociado ao cross-posting e que este rompe por completo a tematica dos grupos, fai fuxir a parte da audiencia das novas e en xeral rompe o sentido de "comunidade" que adoitaba agromar noutrora nos grupos con siaeiros fixos." ------------------------------ Subject: 5.2 - Como comeza un 'crossposting' ? Cando alguen inicia un 'fio' normalmente envia este primeiro artigo a un so grupo; caso de dirixi-lo a moitos grupos (mais de 2 ou 3) e non toma as debidas precaucions, ver mais abaixo, inicia un 'crossposting'. A partir de enton calquiera que faga un 'followup' nese 'fio', a non ser que cambia a linha 'Newsgroups:' do cabezallo, estara a enviar o seu artigo a todos eses grupos. ------------------------------ Subject: 5.3 - Quen inicia os 'crosspostings' ? - Os novatos - Xente amasada en mala artesa ------------------------------ Subject: 5.4 - Pode ter sentido un 'crossposting' ? As veces (raras veces) si. Por exemplo, supon que queres anunciar a tua nova e relucente pagina 'web'. Como conten informacion sobre os furulullos azuis ;-) axinha pensas en enviar umha mensaxe a varios grupos da hierarquia es.furulullos.*. Poren, como liches este FAQ, sabes que o que estas a piques de facer e un 'crossposting'. Que facer ? Para evitar o 'crossposting' podes utilizar a linha 'Followup-To:' do cabezallo. Tes 2 opcions: - Se pos 'Followup-To: poster', os 'followups' ao teu artigo non iran parar a ningun grupo, senon a ti (por 'e-mail'). - Se pos 'Followup-To: es.furulullos.azuis', os 'followups' ao teu artigo iran a parar *so* ao grupo es.furulullos.azules. Neste caso e conveniente que, no cabezallo da mensaxe, indiques ao teus leitores o que fixeches, para que saiban que deben seguir o 'fio' en es.furulullos.azuis. ------------------------------ Subject: 5.5 - Como podo evitar o 'crossposting' ? SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE comproba a linha 'Newsgroups:' antes de enviar *calquer* artigo. Se fora imprescindibel faceres un 'crossposting', segue os consellos do ponto anterior. Envia un 'e-mail' aos "crossposteadores" queixando-te polo seu comportamento. (OllO: dixen un E-MAIL; se lles respondes nas novas, a tua mensaxe de queixa somara-se ao 'crossposting' !!! ) As veces atoparas-te que as tuas mensaxes "rebotan" ('user unknown', ou similar). Remito ao 'Net Abuse FAQ' () sobre este tema. Pode que se trate dun "profesional", mesmo asi en moitos caso e posibel pilla-lo. Tamen podes queixar-te ante o 'postmaster' do servidor de onde proven orixinalmente o 'crossposting'. Fai-te con un leitor de novas serio (isto e, con capacidades de 'killfile', un filtro que permita eliminar os artigos non desexados, entre eles os "crossposteados". Que paz, que tranquilidade !!!) Esta solucion e efeitiva (deixaras de sofrir o problema en grande medida) mais un tanto "insolidaria" (ti libras-te do 'crossposting' mais,..., que pasa coa pobre Usenet, eh?) Como opinion persoal, a mellor solucion e convertir os grupos de novas en "pseudo-moderados". A principal (ou unica) regla de moderacion seria o rexeitamento de aqueles artigos 'crossposteados', digamos, a mais de 4 grupos. Pode-se facer isto automaticamente, mediante un programa "robomoderador" que evite a moderacion humana. Permite tamen a remision automatica dun 'e-mail' aos "crossposteadores" explicando a razon do rexeitamento do seu artigo. ------------------------------ Subject 5.6: Que e un 'killfile'? Alguns leitores de novas permiten filtrar os artigos dos grupos. Isto significa que podes instruir ao leitor para que, por exemplo, non apresente os artigos de determinado autor ou de determinado fio, ou aqueles que contenhan determinadas palabras no "Subject:" (por exemplo, "MAKE MONEY FAST"), ou aqueles 'crossposteados' a mais de X grupos. Tamen poden permitir o contrario, i.e., resaltar aqueles artigos que venhan dun autor determinado, ou os de determinado fio, ou os que contenhan determinadas palabras. A configuracion destes filtros, ao menos nos primeros leitores de 'novas' que incorporaron esta facilidade (moi vencellados ao mundo Unix), guarda-se en ficheiros ASCII denominados 'killfiles'. Asi, "incluir a alguen no meu 'killfile'" equivale a face-lo desaparecer de Usenet, ao menos para min. Resulta indubidabel a utilidade que poden ter os 'killfiles'. A vision que un usuario ten dun grupo determinado pode variar drasticamente se usa un 'killfile'. Poren, non todo son avantaxes (polo menos avantaxes definitivas, vexa-se o apartado: 'Pode-se conseguir o mesmo cos 'killfiles' que coa moderacion automatica ?'). ------------------------------ Subject: 6 - Que e o 'spam'? O 'spam' consiste en asulagar Internet con moitas copias da mesma mensaxe (de 'e-mail' e/ou de novas), tratando de forzar que o lea moita xente, xente que doutro xeito pasaria de le-lo. A maioria e publicidade comercial, a miudo de productos cando menos "sospeitosos" (productos "milagre", por exemplo), ou do estilo "Faga-se rico en hora e meia !!!", ou negocios piramidais, etc. No caso das novas diferencia-se do 'crossposting' en que, en lugar de tratar-se de 1 mensaxe dirigida a moitos grupos, consiste en a mesma mensaxe enviada umha vez a cada grupo. Portanto, na linha 'Newsgroups:' do cabezallo da mensaxe aparecera so un grupo, mais atoparas a mesma mensaxe en multiples grupos (Note-se aqui a diferenza con o 'crossposting': un artigo 'spam' dirigido, digamos, a 20 grupos, envia-se 20 veces a cada servidor e garda-se fisicamente 20 veces no seu disco, mentres que no caso do 'crossposting' envia-se e garda-se unicamente 1 vez. Por isto o 'spam' e peor que o 'crossposting'). Ademais, no caso do 'crossposting' os nosos leitores de correo tratan o artigo como un so e umha vez lido non o amosan noutros grupos (isto e certo so cando clientes e servidores manexan correitamente a linha "Xref:"), mentres que cando se envia independientemente volvemo-lo atopar umha e outra vez. Se fora imprescindibel enviares un artigo a varios grupos, fai-no 'crossposted', non 'spammed' e, por favor, seguindo as indicacions de 5.4 O 'spam' non e exclusivo de Usenet, basta-lle o correo electronico. Ate agora, en Espanha non temos moito problema co 'spam' por 'e-mail', pero todo se andara (o asunto esta cadora mais quente nos USA). Pregunta-te, por exemplo, de onde sacan as empresas "spameadoras" os enderezos electronicos do publico probabelmente interesado en tal ou cal producto (Pista: pensa nos posibeis usos dos formularios existentes en moitas paxinas WEB. Ah ! E sabes o que son as "cookies"?) O 'spam' e prexudicial (*mais* que o 'crossposting') polo tempo e o dinheiro que fai perder aos usuarios, porque habitualmente trata-se de lixo e porque normalmente os 'spammers' falsifican os seus enderezos. Domenec Sos desintoxica con umha anecdota: "O termo spam (carne de porco picada con especias) e o seu uso na Usenet proven dun hilarante sketch dos Monty Python no que o cliente dun restaurante ve-se forzado a tomar spam en calquer prato que escolla, quera-o ou non (o spam con spam, mesmo spam e spam con spam, ademais de spam de spam con spam e spam). Esta inevitabilidade e pesadez do spam dos Monty e a que se asocia as mensaxes intrusas na Usenet. Pode-se ler o guion do sketch en: , incluindo un spam.wav coa cancion do spam." ------------------------------ Subject: 7 - Que e 'ECP'? e 'EMP'?, e o 'Indice Breidbart' (BI)? 'EMP' significa 'Excesive Multi-Posting', i.e., e o mesmo que 'spam': demasiados envios por separado do (sustancialmente) mesmo artigo. 'ECP' significa 'Excesive Cross-Posting', i.e., refire-se as ocasions nas que se envian moitas mensaxes a mais dun grupo cada umha. Adoito aplica-se o termo 'spam' de xeito generico, i.e., tanto ao EMP (o 'spam' propriamente dito) como ao ECP. Existe un amplo consenso no senso de que o 'spam', en sentido generico, constitue un *abuso* e pode implicar A CANCELACION dos ARTIGOS constitutivos do dito 'spam'. Seth Breidbart inventou umha formula (o 'indice Breidbart') que trata de cuantificar o grao de 'maldade' dun 'spam' en concreto (sexa ECP ou EMP). Define-se o Indice Breidbart como a suma das raices cuadradas de 'n', sendo 'n' o numero de grupos ao que foi enviado un artigo. Exemplo: Se envias 2 copias do mesmo artigo, a primera a 9 grupos a vez e a segunda a 16 a vez, o BI e sqrt(9) + sqrt(16) = 7. Un artigo pode ser CANCELADO se: 1. O seu BI e maior ou igual que 20 considerando os ultimos 45 dias. 2. E continuacion dun EMP/ECP previo. ------------------------------ Subject: 8 - Que e un grupo moderado? Cando un grupo e moderado os artigos enviados non chegan directamente, senon que son previamente enviados a un enderezo de 'e-mail' (este proceso adoita ser transparente para o usuario, a quen lle parece que envia o artigo a un grupo normal) , onde o moderador, que pode ser un programa ou umha persoa, recibe-o; o moderador (tamen pode ser un grupo de moderadores) decide enton se o artigo e apropriado para o grupo de novas (en funcion da politica de moderacion que siga o grupo, estabelecida no seu proceso de criacion). Se e axeitado, "inxecta-o" no grupo de novas; non sendo-o, o artigo e rexeitado. Como o artigo non e inxectado directamente na Usenet, senon que se envia por 'e-mail' ao moderador, e normal que tarde mais en aparecer no teu servidor: primeiro, polo tempo necesario para a moderacion (desde que o envias ate que o moderador o aproba e o inxecta nas novas); segundo, porque o teu artigo sera inxectado nun servidor de novas que non ten por que ser o teu, e pasara un tempo ate que o teu servidor o reciba. Como e de supor, o proposito da moderacion e evitar artigos inapropiados para o grupo. Exemplos: artigos cuxa tematica non ten que ver co grupo, 'crossposting', 'spam', artigos ofensivos... Moita xente entende que os grupos moderados, sobre todo nos grupos da hierarquia soc.*, non son mais que umha forma de censura. Persoalmente parece-me que Usenet tendera cara a 'moderacion suave' (contra 'crossposting' e 'spam', principalmente) ou tera graves problemas para sobreviver como a conhecemos ate agora. De feito, xa comeza a suceder que a xente que busca utilidade e/ou seriedade na Internet decanta-se polas listas de distribucion de 'e-mail' en detrimento de Usenet. Podes achar mais informacion sobre grupos moderados en: ------------------------------ Subject: 8.1 - Que e a robomoderacion? Moitas das tarefas correspondentes a moderacion dun grupo de novas poden automatizar-se completamente (por exemplo, rexeitar os artigos 'crossposteados' a mais de X grupos de novas ou aqueles que contenhan arquivos binarios); portanto pode aliviar o traballo dos moderadores utilizando un programa ("robomoderador") que se encargue de realizar estas tarefas de rotina. O robomoderador estaria en calquer maquina con acceso a Internet (normalmente tratara-se dumha maquina Unix). As mensaxes que enviaramos ao grupo robomoderado non irian directamente a un servidor de novas, senon que serian enviados a un enderezo de correo electronico na dita maquina. O programa robomoderador recibiria-os ali e decidiria cales rexeitar e cales non (enviando estes de seguido a un servidor de novas), e, no seu caso, cales redirixiria a un moderador humano para que decidira el. ------------------------------ Subject: 8.2 - Pode conseguir-se cos 'killfiles' o mesmo que coa moderacion automatica ? Isto non e do todo correcto. En primeiro lugar, moitos usuarios das novas len-as utilizando programas que non incluen 'killfiles'. En segundo lugar, as consecuencias en ambos casos son moi diferentes. Brad Templeton (news.software.readers): "...a verdadeira razon pola que os 'killfiles' non son tan boa idea e que fragmentan a rede. ...eliminar os 'crossposts' e moi sinxelo, e moita xente o fai. Pero o que se consegue e ter un grupo que alguns leitores perceben como tranquilo mentres que a outros lles parece sumamente ruidoso e acaban participando, consciente ou inconscientemente, nos fios [masivamente] cruzados. Moita xente que non quere utilizar 'killfiles' simplemente participa menos ou vai-se. Un grupo de novas non e un tema. E, ante todo, un grupo de persoas. Mais os 'killfiles', caso de resultaren imprescindibeis, arruinan isto. O grupo escacha-se en diferentes conxuntos de persoas e cada un deles ten umha vision distinta do grupo de novas, deste xeito a comunidade desaparece. Eu era un grande defensor dos 'killfiles' nos "vellos tempos" debido a que enton non eran moi necesarios. Hoxe necesitamo-los demasiado, e o resultado non e tan bon. Mais o principal e que se un grupo de novas, antes que un tema, debe ser un grupo, enton debe haber algun tipo de experiencia compartida. E a experiencia compartida o que converte o grupo en comunidade." ------------------------------ Subject: 9 - Que e un 'troll'? [N. do A.: Traducido de ] Un "troll", en Usenet, non e a criatura monstruosa que aparece nos libros de Tolkien ;-) senon un artigo provocador enviado as novas coa intencion de producir umha grande cantidade de respostas insubstanciais. A tematica de os "trolls" cai, xeralmente, nas mesmas areas. Pode consistir numha aparentemente absurda contradiccion do sentido comun, un insulto deliberadamente ofensivo aos leitores dun grupo de novas, ou umha ampla peticion de informacion trivial. Umha mensaxe de poucas linhas e do estilo seguinte trata-se seguramente dun "troll": "Os PCs son moito mellores que os Mac" "Os Mac son moito mellores que os PCs" "Como se di '...' na tua lingua? "Os (calquer nacionalidade, profesion, sexo, etc) son #@!!$" "Inmigrantes fora !!!" Etc. O resultado destes artigos e, frecuentemente, umha enxurrada de enfadadas respostas. Nalguns casos (sobre todo cando se combina co 'cross-posting') o fio orixinado por un "troll" pode durar semanas. Estas mensaxes envian-se a centos, milleiros, de servidores de novas por todo o mundo, malgastando asi os recursos da red e os cartos da xente que ten que pagar para recibir as novas. Este tipo de fios resulta frustrantes para as persoas que tratan de ter conversas "con susbtancia" nun grupo. A xente que envia "trolls" fai-no para chamar a atencion, amolar un grupo e lia-la. A mellor respuesta a un "troll" e NON RESPOSTAR; facendo un 'followup' a un "troll" contribues a agrandar o efeito "bola de neve" para maior divertimento do "troller". Debes ter isto en conta antes de enviar calquer resposta. Por favor, tratade aos "trolls" de modo constructivo, e non participedes no seu xogo. Axudaredes a que Usenet sexa un lugar moito mais agradabel para a conversacion. ------------------------------ Subject: 10 - Que hai do envio de binarios as novas? Por archivos binarios entenden-se aqueles que contenhen informacion non directamente comprensibel polas persoas (textual), i.e.: executabeis (programas), imaxes (.gif, .jpeg, .jpg,...), audio (.wav, .au, ...), video (.mpeg, .mpg, .avi, ...), etc. Todos eles tenhen en comun umha cousa: son grandes. E isto ten implicacions en relacion ao uso de recursos (espazo no disco dos servidores e largura de banda ocupado para o transmitir entre os servidores e dos servidores aos clientes) na Usenet. E por isto que en Usenet e, desde calquer ponto de vista, *incorrecto* enviar arquivos binarios a grupos de novas non especificamente adicados a eles. Os grupos de novas adicados ao intercambio de binarios foron a solucion no seu dia, cando os meios mais apropiados para o dito intercambio (ou sexa, os servidores FTP e a WEB) non estaban na man do usuario medio (ou nen sequera existian). Mais hoxe calquer internauta ten a posibilidade (por certo, *gratuita*) de utilizar polo menos a WEB para obter arquivos binarios ou po-los a disposicion dos demais. A opinion persoal do autor e, portanto, que so en casos moi xustificados deberia utilizar-se Usenet para o trafego de binarios. E nese caso, exclusivamente nos grupos adicados a eles. ------------------------------ Subject: 11 - Que cumpre saberes sobre os leitores de novas? Desta seccion espera-se umha grande utilidade practica. Veremos primeiro, dun modo xeral, as funcionalidades basicas que cabe pedir a un leitor de novas e, de seguido, pasaremos revista a algun dos leitores mais usados. [N. do A.: necesitan-se e esperan -se colaboracions sobre leitores de novas] ------------------------------ Subject: 11.1 - Xeralidades Ainda que cada leitor ten as suas peculiaridades, eis umha breve descripcion do que todos permiten facer: 1 - Conectar con un servidor de novas E o primeiro que fara o leitor ao arrancar. Se e a primeira vez que se conecta a ese servidor en concreto, baixara a lista de todos os grupos contidos no dito servidor, o que tardara uns minutos; se non e a primeira vez, o normal e que baixe o numero de artigos (total e sen ler) de cada grupo ao que esteas subscrito. 2 - Ler un grupo de novas O teu leitor, despois do paso anterior, amostrara a lista dos grupos aos que estas subscrito e/ou a lista de todos os grupos do servidor ao que estas conectado. En calquer caso, poderas seleccionar un grupo para que o teu leitor obtenha do servidor os cabezallos dos seus artigos (Somente os artigos _sen ler_ ou todos os artigos, _lidos e sen ler_, segundo como tenhas configurado o teu leitor). Umha vez feito isto, poderas seleccionar o artigo que desexas ler, tras o cal o teu leitor baixara do servidor o corpo do dito artigo e cho amostrara. A maioria dos leitores permiten ordenar a lista de artigos por data (date), por asunto (subject), por autor (autor) e por fio (thread). ATENCION: normalmente, cando leas un artigo este ficara marcado como _lido_, de maneira que, se tes configurado o teu leitor para que amose so os artigos sen ler, a proxima vez que entres no mesmo grupo _non veras_ o dito artigo. Se queres volver ve-lo teras que reconfigurar o leitor para que amose _todos_ os artigos (lidos e sen ler). Ten en conta tamen que, normalmente, o teu leitor non baixara _todos_ os artigos dun grupo (xa que pode haber moitos e tardaria demasiado), senon que esta configurado para baixar-se os X artigos mais recentes. Se segues sen ver un artigo que viras anteriormente e posibel que sexa mais antigo que os X artigos que amosa. Alguns leitores poden baixar mais artigos a pedido do usuario, ou mesmo baixar todos. En caso contrario, se cadra podes reconfigurar o teu leitor para que baixe un numero maior de artigos. 3 - Contestar a un artigo Tras ler un artigo pode que desexes enviar umha resposta. O teu leitor, ademais de compor a tua resposta, probabelmente permitira-te estas 3 opcions: a. Enviar a resposta as novas ('followup') b. Enviar a resposta por e-mail ao autor do artigo ao que respondes. c. As duas anteriores simultaneamente. [Antes de responder a un artigo por primeira vez, le as seccions 3.2, 3.3, 3.4, 4 e 5. Son MOI IMPORTANTES] 4 - Enviar un artigo Esta claro, non si? ;-) 5 - Edicion de cabezallos ao compor artigos Asegurate de aprender _axinha_ como se fai isto no teu leitor; antes de enviar calquer artigo deberias comprobar os cabezallos, e, se cumprise, modificar os correspondentes a 'Followup-To', 'Reply-To:', etc, tal e como dixemos anteriormente. 4 - Gestion de grupos de novas a. Suscripcion / Cancelacion de Suscripcions b. Ver se hai novos grupos ----------------------------- Subject: 11.2 - Un leitor 'off-line': Forte Free Agent Escrito por Pedro Macanas Valverde () e Fran Bernal Fernandez (). [Nota do Traductor: Este leitor de novas non e especialmente recomendabel para o grupo Soc.Culture.Galiza, xa que non permite ler nin escreber mensaxes codificadas en MIME quoted-printable] Tema 11.2.1 - Clases de leitores. Dados basicos. Chega o gran momento, decidimos participar no que se denomina a conciencia ou estado de opinion da Internet ( "Usenet") e debemos elixir o veiculo axeitado. Cal escollemos ?. Para a maioria dos usuarios a mellor eleccion e, sen duubidas, un programa de novas 'offline'. A diferenza dos 'online', poden gardar os cabezallos dos artigos (titulo e autor) cando o usuario esta conectado, elixir co telefono colgado os que mais lle interesen e posteriormente conectar a fin de copiar no disco duro o contido (corpo) dos artigos elixidos (polo que non necesitara estar conectado para le-los, co conseguinte aforro telefonico). Para explicarmos o funcionamiento dos ditos programas utilizaremos Forte Free Agent, que e gratuito e pode obter-se en . Para resolver as dubidas que nos xurdan podemos acudir a Ao situarmos o cursor do rato sobre os icones do programa, aparecen-nos umhas pistas (letreiros amarelos) co nome dos mesmos, que resultan de grande axuda. Para que o noso leitor de novas poda funcionar, deberemos proporcionar-lle alguns dados: a) Relativos ao servidor. Entrando no menu Options-General Preferences-System deberemos indicar como: - 'News server': o que nos indicara o noso fornecedor de Internet (o nome do servidor seguramente comezara por nntp. , news. ou noticias. ). - 'Email' (correo electronico): o que nos indicara o noso fornecedor (seguramente comezara por smtp. , mail. ou ecorreo.). - 'Time zone' = GMT + 1 (Madrid). [N.do T.: Se onde moras ten a hora oficial espanhola] b) Relativos ao usuario e outros dados: - 'Email': o voso identificativo@dominio - 'Full name': nome de pila e apelido(s). Tamen podemos engadir outros dados como sexo ( :-# para home e :-{} para muller) poidendo ir seguido dun numero, que indica a idade. - 'Language': pulsar 'add' e engadir 'castellano'. [N. do T.: ou galego] - 'Fonts': podemos incluir as novas Latin3 que sustituiron a Latin1. Podes obter-las en: Tema 11.2.2 - Subscripcion aos grupos existentes e obtencion de outros novos. O programa Free Agent conta con tres xanelas: a) Grupos ou foros (subscritos, todos -'all'- ou novos -'new'- ). b) Artigos, novas ou 'postings': no que amosa o estado dos mesmos (ex. lidos ou non), o tema ('subject') e os dados dos autor. c) O contido do artigo . A nosa atencion centra-se agora na primeira delas (a de Grupos ). Indo a Group-show-all poderemos ver os distintos grupos, por exemplo, news:alt.comp.periphs.dcameras (sobre camaras dixitais), news:alt.comp.periphs.multifunctions (trata das equipas multifuncionais), news:alt.culture.us.hispanics (os hispanos dos USA), news:soc.culture.esperanto, etc... (os que comezan por es. son os espanhois). Podemos buscar calquer grupo polo seu nome clicando sobre o primeiro icone de lanterna, repetindo a busca co segundo icone ate achar o foro desexado. Para subscribir-nos a un grupo, debemos selecciona-lo ( clicar co boton esquerdo do rato sobre o seu nome) e clicar logo sobre o icone 'subscribe' (que ten a aparencia dun xornal). Periodicamente podemos ver os grupos novos que se crien indo ao menu Online-Get New Groups , podendo ve-los con Group-show-New Groups. Tema 11.2.3- Leitura de artigos. Umha vez subscritos a un grupo que nos poda interesar, fixemo-nos na segunda xanela. O primero paso e obter os cabezallos (titulo e autor) dos novos artigos enviados ao grupo ultimamente. Para isto clicaremos sobre o primeiro icone (Get New Headers in Subscribed Groups), estando conectados a Internet. Os que levan Re: son umha contestacion a un artigo inicial que se chama igual que a sua contestacion (o que se denomina resposta ou 'follow-up'). O artigo inicial e as respostas forman un fio ('thread'). Agora podemos desconectar-nos, especialmente se estamos subscritos a moitos grupos. Cando vexamos un artigo interesante, seleccionaremo-lo e clicaremos sobre o icone 'mark for retrieval' ('marcar para recuperar' o corpo ou contido do artigo). Para obter os corpos dos artigos, debemos conectarnos de novo e clicar sobre o boton 'Get Marked Message Bodies', tras o cal poderemos desconectarnos definitivamente para ler os artigos con tranquilidade e co telofono apagado. Tamen podemos decidir recuperarmos directamente todos os corpos dos artigos dun grupo determinado que nos interese bastante (debemos ter en conta que no caso de seren moitos grupos ou se hai un grupo con moita actividade, o leitor tardara bastante en concluir a sua tarefa). Para isto deberemos seleccionar o dito grupo, ir a Group-properties e marcar override default settings-retrieve bodies for all new messages. Para ler os novos artigos dun grupo (cuxo titulo aparecera en vermello, debemos clicar sobre o icone view next unread message. Se o artigo leva anexado un ficheiro binario (ex., umha imaxe), podemos empregar o decodificador "uudecode" de Agent, clicando sobre o icone Launch Binary Attachments. Tema 11.2.4. Chega o grande momento. Escrebindo artigos. Iniciaremos o noso bautismo electronico polos grupos aos cales se poden enviar artigos de probas (test). Alguns deles son news:alt.test , news:alt.binaries.test (para fotografias, musica, etc...), news:misc.test Para elo, seleccionaremos un dos ditos grupos (por exemplo, news:alt.binaries.test ) e clicaremos sobre o icone Post New Usenet Message (enviar novos artigos de Usenet). Deberemos por-lle titulo (subject), un contido (como pode ser un saudo e engadir-lle ficheiro binario - por exemplo umha foto - clicando sobre o boton Attachment) e, se desexarmos, un ficheiro de texto coa nosa sinatura (Signature, que deberemos ter especificado en Options-Signatures-Add). Podemos elixir entre envia-lo despois, cando esteamos conectados (send Later) ou envia-lo agora (send Now). Tamen podemos enviar umha nova mensaxe de correo (post new email message). A diferenza entre umha mensaxe usenet e umha mensaxe de correo, radica principalmente en que a primeira e enviada ao grupo, sendo publica (pode ser lida por todo o mundo que vaia ao grupo, como un taboleiro de anuncios), mentres que o segundo envia-se directamente ao buzon do destinatario, sendo privado . Pode-se enviar, por exemplo, umha nova mensaxe de correo cando vemos nun artigo un enderezo de correo interesante, que non e o do remitente. As diferentes formas de resposta (Re:) a un artigo son: a) Resposta ou 'follow-up' (artigo -publico- de Usenet). b) Replica ou reply ( carta - privada - de correo electronico). Cada umha das ditas respostas ten o seu proprio boton e para utiliza-lo, primeiro deberemos seleccionar o artigo que desexamos contestar. Podemos galeguizar as nosas respostas indo a Options-Posting Preferences- General - Introductions e poniendo "O " diante de %date%, "en" diante de %newsgroups% e "escribiu:" diante de /n . Tema 11.2.5- Envio e purga dos artigos . Para enviar os artigos escritos (ou, no seu caso, cartas), deberemos conectar-nos a Internet e ir ao menu Online-Post Usenet and Email Messages. Umha vez enviados, pode-se comprobar se chegaron correitamente, indo ao menu Window-Open Outbox . Se aparece un icone amarelo con una cara sorinte, fixo-se o envio correitamente. Si o icone fora vermello, houbo algun problema (ainda que existe umha situacion na que o artigo foi enviado correitamente, mais aparece umha cara vermella: cando o artigo e enviado a un grupo moderado; para solucionar este problema propuxo-se que nese caso apareza un icone coa imaxe dun lameiro, representando a contencion que existe nos ditos grupos). Podemos observar o noso artigo, seleccionando o grupo onde o enviamos, clicando sobre o boton Get New Headers in Selected Groups, seleccionando o cabezallo do noso artigo e clicando Get selected Message Bodies . Para ver o fio das respostas que o mesmo vaia suscitando, deberemos seleccionar a mensaxe e clicar sobre o boton Watch Thread. E as avesas, se existe un fio que non nos interesa o mais minimo, deberemos clicar sobre o boton Ignore Thread. Cando o numero de cabezallos ou corpos dos artigos comeza a ser excesivo, pode-se utilizar a funcion de purgar, de forma que so fiquen guardados os mais recentes. En calquer caso, se temos especial interese en gardar un artigo, deberemos selecciona-lo e clicar sobre o boton Keep Message. ----------------------------- Subject: 12 - Onde podo achar un artigo que lin hai meses (e non lembro ben en que grupo) ? Existen repositorios de artigos; o mais conhecido de eles e DejaNews . Oferece potentes facilidades de busqueda de artigos e pode resultar moi util. Isto quer dicer que os artigos que escrebemos fican rexistrados nos repositorios como DejaNews; poren, se consideras que o dito rexistro e un atentado contra a tua intimidade, no caso de DejaNews podes evita-lo incluindo "x-no-archive: yes" nos cabezallos dos teus artigos, caso do teu leitor de novas o permita, ou na primeira linha do corpo da mensaxe, en caso contrario. ----------------------------- Subject: 13 - Existe algumha paxina Web onde aparezan os grupos de novas extranxeiros? Contesta Alain Deckers (): "E case imposibel obter umha relacion de *todos* os grupos extranxeiros existentes por todo o mundo, xa que hai ducias de milleiros e non todas as hierarquias son propagadas fora do sue ambito xeografico. Caso de refires-te aos grupos das 8 principais hierarquias (as chamadas Big8), ou sexa: comp.*, humanities.*, misc.*, news.*, rec.*, sci.*, soc.* e talk.*, o mellor que podes facer e empregar un servizo como DejaNews. Na paxina referenciada polo seguinte URL acharas umha lista destas hierarquias. Podes explora-las descendo pola arbore. Hai informacion similar, ainda que semella non estar moi actualizada, no seguinte URL: " ----------------------------- Subject: 14 - Onde podo achar mais informacion? XERAL: ======= Informacion xeral sobre a Usenet. WEB da lista de distribucion "Grumetes". Usenet Info Center Launch Pad UCS Knowledge Base RFC 1036 - Standard for Interchange of USENET Messages RFC 977 - Network News Transfer Protocol: A Proposed Standard for the Stream-Based Transmission of News RFC 850 - Standard for Interchange of USENET Messages RFC 822 - Standard for the format of ARPA Internet text messages RFC 821 - SIMPLE MAIL TRANSFER PROTOCOL RFC 1521 - MIME (Multipurpose Internet Mail Extensions) Part One: Mechanisms for Specifying and Describing the Format of Internet Message Bodies MIME FAQ A MIME Tutorial ISO 8859-1 National Character Set FAQ NETIQUETA: ========= Parte II do FAQ de soc.culture.spain RFC 1855 - Netiquette Guidelines Netiqueta - Del WEB da lista de distribucion "Grumetes". MODERACION: ========== Moderated Newsgroups FAQ QUE SON OS GRUPOS MODERADOS E PORQUE EXISTEN? Saving USENET and Then Some Robomoderation with the program STUMP Usenet Moderators Archive CROSSPOSTING E SPAM: =================== Net Abuse FAQ Boycott Internet spam Death to Spam Get that spammer! How to Get Rid of Junk Mail, Spam, and Telemarketers Netizens Against Gratuitous Spamming No Spam Spam Hater Spam-friendly Sites ------------------------------ Subject: 15 - Modificacions Version 1.5 Engade-se o apartado 'Como se crian os grupos de novas ?' Apartados 'Que e un grupo moderado?' e 'Onde podo achar mais informacion?' (MODERACION): engade-se a referencia a Engade-se o apartado 'Servidores publicos de news'. Apartado 'Introduccion. Que e un FAQ?': engade-se a referencia a e a Engade-se o apartado 'Por que vexo caracteres "extranhos" nalgumhas mensaxes? Que e MIME?' Fai-se referencia aos RFCs 1521 e 821, a y e a no apartado 'Onde podo achar mais informacion?' (XERAL). Version 1.4 - 21/03/97 Apartado 'Durante canto tempo e gardado un artigo nun servidor ?' : engaden-se algumhas explicacions complementarias. Engade-se o apartado 'Existe algumha paxina Web onde aparezan os grupos de novas extranxeiros?' Engaden-se os apartados 'Que e a robomoderacion?' e ' Pode conseguir-se cos killfiles o mesmo que coa moderacion automatica?' Engade-se o apartado 'Que e un killfile?'. Termina-se o apartado 'Que hai do envio de binarios as novas?' Version 1.3 - 27/01/97 Apartado 'Que cumpre saberes sobre os leitores de novas?' 'Generalidades' e 'Un leitor off-line: Forte Free Agent'. Version 1.2 - 13/01/97 Engadido o aptdo. Que e 'ECP'? E 'EMP'? E o 'Indice Breidbart' (BI)? ------------------------------