Ola a todo o mundo!!
Pido consello para repoboar monte; quería plantar o que sería un bosque comestible para que me surtira de comida de maneira repartida a maior parte do ano posible (para persoas ou animais), pero non teño coñecementos ó respecto. Trátase dun monte talado o ano pasado duns 6000 m2 aprox onde anteriormente había acacia, eucalipto e piñeiro que está orientado hacia o Norte con bastante pendiente. Está no concello de Cambre a uns 15 km do mar e a pouca altitude. O monte do lado ten un monocultivo de castiñeiro duns 25 anos.
Gustaríame saber:
-especies a plantar
-como tratar a terra previamente.
-distancias...
É algo que debería facer este inverno e non atopo información por ningures.
Moitas gracias de antemán!!

