Moitísimas gracias a todos polas molestias e perdón por non responder antes.
Efectivamente estou facendo unha laboura de recollida de información (vou ver documentais de Sepp e Geoff) que espero que me serva para realizar un deseño permacultural efectivo. Lamentablemente non coñezo a ninguén que controle de permacultura. Polo de agora xa me apórtachedes información valiosa.
A eliminación dos eucaliptos, vou tentar facela manual.
Respecto ás acacias, non sabería se son negras.
Efectivamente as catro alternativas que me plantexades (carballo, castiñeiro, nogueira e cerdeira) parécenme axeitadas, pero coas cerdeiras plantéxaseme un problema adicional:
-Descubrín que as árbores de óso non é aconsellable merca-las ós viveiros comerciais porque teñen moita mortandade en Galicia. O máis axeitado é coller un patrón dunha árbore adaptada a Galicia e enxerta-la (ou conseguila enxertada). En caso que sexa certo, sabedes onde podo conseguir cerdeiras desas características?
Gracias de novo!!

