Antía Barba, ilustradora da Guía, 1º premio Novos Valores
Parabéns Antía por este merecido recoñecemento á túa arte!
A civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo. Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista.
Galiza, despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e social está a deixar de ser viable, e debe volver de novo a súa ollada ao rural para buscar a súa única riqueza real.
Máis de dous anos de pescuda e análise para compilar unha guía que axude a galegas e galegos a nos adaptarmos con urxencia a un contexto totalmente novo e imprevisto, a construír unha Galiza sen petróleo.
Tras o petróleo ábrese un periodo inédito na historia humana. Un periodo de riscos e ameazas como nunca antes tivo que afrontar a nosa especie. Pero tamén unha crise que pode dar nacemento a unha sociedade radicalmente diferente.
Grazas aos responsables do programa Arredor de nós en Radio Fusión que...
Os alicerces enerxéticos da civilización industrial están a se esborrallar irreversiblemente. En...
(O seguinte artigo de Xoán R. Doldán García foi publicado no nº...
.